26S: Convocatorias de loita na defensa das pensións

O vindeiro xoves 26 de setembro, a CNT convoca unha xornada de loita a nivel estatal en defensa do sistema de pensións, en tanto que rexeitamos calquera tipo de reforma e/ou recorte do mesmo, xa que redundará no emprobecemento dunha poboación abondo "afogada" polo actual contexto económico e laboral.

Baixo o lema "Loita por unhas pensións dignas para tod@s. Pola distribución do traballo e da riqueza" chámase a tódol@s traballador@s a defender uns dereitos gañados co esforzo e sufrimento de varias xeracións.

Na Galiza convócanse os seguintes actos este xoves 26 de setembro:
  • Vigo, ás 12:00, concentración diante da Tesourería Xeral da Seguridade Social (Rúa López Mora, 62)
  • Ferrol, ás 13:00, concentración fronte á sede local da Seguridade Social (esquina rúa Catalunya con Estrada de Castela)
  • Compostela, ás 19:30, concentración na Praza do Toural
Podes ver a opinión da CNT respecto da reforma das pensións en CNT Galiza.
Máis información en: http://www.cntgaliza.org/?q=pensions
Obreir@ se non loitas, ninguén te escoita!!

[Fonte: CNT]