As 13 Rosas Roxas. Que o seu nome non se borre da historia.


Carmen Barrero Aguado, Martina Barroso García, Blanca Brisac Vázquez, Pilar Bueno Ibáñez, Julia Conesa Conesa, Adelina García Casillas, Elena Gil Olaya, Virtudes González García, Ana López Gallego, Joaquina López Laffite, Dionisia Manzanero Salas e Luisa Rodríguez de la Fuente.

Estes son os nomes das 13 mozas -a metade menores de idade- militantes das Mocidades Socialistas Unificadas (JSU) fusiladas o 5 de Agosto de 1939, nas tapias do Cemiterio do Leste (Madrid), as cales recibirían o sobrenome das “13 rosas”. O seu asasinato tiña por obxectivo escarmentar ao conxunto da mocidade organizada daquela época en xeral, e aos militantes das JSU detidos ou aínda non apresados en particular. Estas raparigas foron a cabeza de turco do asasinato perpetrado polas altas esferas do franquismo do Xefe do Servizo de Intelixencia da Policía Militar da España franquista, Isaac Gabaldón.

A Mocidade Comunista queremos render homenaxe ás “13 rosas” e ao conxunto da organización á que pertencían e facémolo do mellor xeito posíbel, recollendo a testemuña da loita pola superación do capitalismo, pola conquista do poder obreiro e popular e a construción do socialismo. Pero para iso debemos estar á altura daquelas que formaron parte daquela mocidade consciente que cosía uniformes para os militares do Exército Popular Republicano na fronte, eran monitoras para nenos a fin de que estes desenvolvesen as súas capacidades psicomotrices, colaboraban con Socorro Roxo Internacional en labores humanitarios, loitaban contra os capituladores republicanos como Segismundo Casado, empuñaban os fusís contra a reacción fascista ou intentaban reorganizar as JSU unha vez acabada a contenda en condicións moi desfavorábeis.

Desde os CMC facemos un chamamento á mocidade obreira e popular, en especial á muller nova traballadora, a organizarse e a loitar, a levar a cabo a tarefa actual: a Revolución Socialista. Esta só poderemos levalo a cabo cun espírito de loita como o das camaradas ás que hoxe rendemos homenaxe, con combatividade, tesón e firmeza, cunha loita enconada que sexa levada ata as últimas consecuencias. Hoxe coma onte, parafraseando a Julia Conesa: que o noso nome non se borre da historia.

Oficina de Prensa do Comité Central dos CJC

-Tradución a galego pola Revista Dixital-