14S: Concentración en Pontevedra pola LIBERDADE dos 5.

 LIBERDADE PARA OS 5 CUBANOS PRESOS EN EE UU
14 DE SETEMBRO: CONCENTRACIÓN EN PONTEVEDRA
NA PRAZA DA PEREGRINA ÁS 12 DA MAÑÁ.
A Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil convoca a todas as organizacións solidarias con Cuba a un acto en defensa dos 5 revolucionarios cubanos presos en EE UU.
O acto consistirá nunha concentración o 14 de setembro na praza da Peregrina en Pontevedra. Durante a celebración desta, darase lectura a un manifesto [o texto aparecerá neste blog nos próximos días].
Ao remate da concentración, terá lugar ás 13 horas unha reunión de representantes das diversas organizacións na Casa dos Sindicatos. A finalidade será debater e aprobar unha resolución pola liberdade dos Cinco e contra o bloqueo. Dita reunión contará coa presenza do Cónsul Xeral da República de Cuba e unha delegación da asociación portuguesa Porto Com Cuba.
Adxuntase o cartel da convocatoria, pregando a súa máxima difusión tanto coa súa colocación en lugares públicos como mediante o reenvío por correo electrónico.
Agardando a vosa entusiasta colaboración, recibide un saúdo revolucionario.
ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLAMIL