Sobre os acontecementos en Exipto.

As mobilizacions do pobo en Exipto demostran que moi pronto as forzas políticas que predominaron coa chamada Primavera Árabe o decepcionaron. Os intereses populares non poden quedar satisfeitos nin polo goberno de Morsi e os Irmáns Musulmáns, que impuxeron unha política antiobreira apoiando os monopolios, nin por parte da burguesía que neste momento está apoiando o golpe de Estado militar.


A crise do sistema político burgués de Exipto revela a agudización das contradicións entre os sectores da burguesía sobre a xestión do poder, atrapando a indignación e o descontento do pobo. Está conectada cos antagonismos dos centros imperialistas por adquirir os recursos naturais da ampla rexión e polas rutas de enerxía.
 
A burguesía de Exipto ten solucións alternativas para garantir os seus intereses; o papel do exército e dos chamados movementos relixiosos son unhas delas. É necesario que a clase obreira, e os sectores populares pobres, non se limiten á cuestión de que cambie o goberno, non se atrapen en solucións supostamente transitorias que preparan o próximo goberno antipopular.

Os acontecementos demostran que para que o pobo impoña a súa forza e intereses non é suficiente levar a cabo loitas populares de masas senón que estas loitas deben ter como meta derrocar o poder dos monopolios e levar a cabo desenvolvementos a favor do pobo.

Atenas 4/7/2013
Oficina de Prensa do CC do KKE