O 60 por cento dos traballadores e traballadoras no estado español xa cobra menos de 1.000 euros ao mes.

O retroceso dos dereitos laborais dos traballadores reflicte a dureza das políticas capitalistas impostas en todo o Estado español, que conta cun 27 por cento de desemprego, o que supón máis de 6 millóns de parados.

A este contundente dato hai que engadir, ademais, que o poder adquisitivo da clase traballadora segue afundíndose: Cada vez son máis os traballadores con ingresos anuais inferiores a dúas veces o Salario Mínimo Interprofesional (SMI), situado en 641,40 euros mensuais. Así, case seis de cada dez asalariados perciben menos de 1.282,80 euros brutos ao mes, o que sitúa os seus ingresos por baixo da barreira do chamado “mileurismo” logo de pagar impostos e cotizacións sociais.

As cifras acaba de publicalas a Axencia Tributaria española, e poñen de relevo que 10.434.641 traballadores ingresan menos de 1.000 euros netos. Deles, máis da metade -5,6 millóns- perciben ata uns ingresos que se sitúan como media en 6.603 euros anuais, por baixo do salario mínimo, o que se explica porque non teñen traballo durante todo o ano, senón só uns meses.

Para facerse unha idea de como ten evolucionado esta variábel hai que ter en conta que en 2004 o 53,6 por cento dos asalariados cobraba menos de dúas veces o SMI; o ano 2009 esta porcentaxe xa representaba o 57,5 por cento dos asalariados, pero o ano pasado -últimos datos publicados- a proporción de “mileuristas” subira ata o 57,9 por cento, o que significa que se ha ir deteriorando o salario dos traballadores.

Os datos da Axencia Tributaria española son relevantes debido a que a información procede das declaracións fiscais correspondentes a cada exercicio. Polo tanto, trátase de cifras reais.

[Fonte: LibreRed]