Exipto: foi o pobo quen derrocou o islamo-fascismo.

Ofrecemos, pola súa clareza e rigor na análise, fronte as visións edulcoradas que están a aparecer na imprensa occidental, unha entrevista a Salah Adli, Secretario Xeral do Partido Comunista Exipcio, realizada por “Nameh Mardom”, (Órgano do Comité Central do Partido Comunista Tudeh do Irán) e traducida do inglés por contrapoder.

Salah Adly: Gostaría antes de máis estender os meus saúdos ao Partido Tudeh do Irán e desexarlle o éxito na súa loita. Tamén gostaría de saudar o diario “Nameh Mardom” pola oportunidade para clarexar os importantes acontecementos históricos que están a ter lugar no Exipto.

P1- Nas afirmacións recentes do Partido Comunista do Exipto (no 3 de xullo) referístesvos ao feito de que o movemento de protesta das masas comprende diferentes clases e capas sociais. Cal é a orixe de clase das capas que se mobilizaron na segunda onda da revolución do 30 de xuño?

Salah Adly: Desde o reagromo da revolución que se iniciara o 25 de xaneiro de 2011, os movementos de protesta non amainaron, e as manifestacións de millóns de persoas non se deteron. De feito, a actitude revolucionaria das masas sempre permaceu, reducíndose por veces ou recrudecendo noutras ocasións. As greves e manifestacións operarias tamén se intensificaron.

Após o éxito de Morsi e a chegada da Irmandade Musulmá ao poder, as masas descubriron a súa natureza autoritaria, o seu carácter fascista, o seu rumbo aos intereses do máis reaccionario e parasitario capitalismo, e a súa incapacidade para xestionar un estado do tamaño do Exipto.

Ademais, ficou patente a súa traizón dos intereses da patria e o seu rol como axente ao servizo dos intereses dos EUA e do Israel na rexión. Concluíron a tregua en Gaza e déronlle aos EUA e Israel incluso o que o rexime clientelar de Mubarak non lles proporcionara.

Evidenciouse o seu proxecto sectario e escurantista, hostil a democracia, ciencia, cultura e tolerancia. Aínda, as masas descubriron a falsidade no uso de slongans relixiosos e o disfarce dos seus planos ao servizo do proxecto do “Grande Oriente Medio” e do “caos creativo”.

Porén, o número de protestas sociais (greves, ocupacións, manifestacións e piquetes), atinxiu a cifra de 7400 – admitidas polo propio Mohamed Morsi- no último ano. O desemprego acadou o 32%, coa maioría de desempregadas/os de altas e medias cualificacións. As débedas co estranxeiro aumentaron desde 34$ mil millóns a 45$ mil millóns.

A débeda doméstica aumentou en 365 mil millóns de libras exipcias durante o exercicio de Morsi no último ano. A proporción das persoas que subsisten baixo a liña da pobreza acadou máis do 50% da poboación.

En resumo, máis clases e estratos sociais – así como as forzas políticas liberais, nacionalistas e de esquerda, movementos da xuventude, maioritariamente orientados na esquerda e no nacionalismo, xunto ás principais institucións do Estado, nomeadamente o exército, o poder xudicial, os medios de comunicación e a policía- sentiron un grave perigo na permanencia no poder da Irmandade Musulmá debido á súa obsesión por monopolizar o poder e excluir quen non está com eles, alén dos seus aliados entre grupos terroristas que se escudan na relixión.

Mesmo sectores da mediana e grande burguesía exipcia dos sectores turístico, industrial, comercial, agro e construción viran perigar os seus intereses por mor da atmósfera de caos, inseguridade e inestabilidade que xerou a Irmandade Musulmá.

O movemento “Tamarud” (Rebelión) tivo éxito na recolleita de máis de 22 millóns de sinaturas para a revogación de Morsi e o anticipo eleitoral.Todos os partidos, sindicatos e organizacións que participaran na recolección das sinaturas estenderon a campaña ás rúas, cidades, fábricas, escolas, universidades e aldeas de todo o Exipto. 

O que sucedeu o 30 de xuño supón a segunda onda da revolución exipcia, que é máis forte e profunda que a primeira, de 2001.

A importancia desta campaña residiu en implicar de novo a cidadanía exipcia no movemento revolucionario e derrocar a Irmandade Musulmá. Tamén recuperou o carácter pacífico e democrático da acción revolucionaria, desacralizando a falsa lexitimidade das urnas como único criterio de lexitimación e o sistema democrático.

A solicitude de sinaturas foi acompañada de manifestacións en todas as principais prazas do Exipto o 30 de xuño, como principal proba de credibilidade desta campaña, e o fundamento principal para a lexitimación revolucionaria das masas para derrocar este rexime fascista e o seu proxecto de estado relixioso.

A resposta das masas populares exipcias foi grandiosa, a máis grandes da historia do Exipto, e mesmo da historia mundial. Isto foi verificado incluso polo Google Earth.

Máis de 27 millóns de manifestantes saíran de forma simultánea no noso país, en representación de diversas clases e estratos da sociedade, fronte protestos que non superaron os 200 mil por parte da Irmandade Musulmá e os seus aliados nunha pequena praza do Cairo.

Así, as e os exipcios ficaban dun lado e a Irmandade Musulmá e os seus aliados noutros, isolados. Esta é a realidade. Unha realidade na cal calquera avaliación ou análise científica se debería ter baseado.
Pensamos que o que sucedeu o 30 de xuño supón a segunda onda da revolución exipcia, que é máis forte e profunda que a primeira, de 2001. Tivo lugar para corrixir o camiño revolucionario e liberarse das forzas do extremismo relixioso que conspiraran para roubar a revolución para conquerir os seus reaccionarios e fascistas obxectivos, así como os proxectos do imperialismo mundial.

P2- Cal é o nivel de participación das clases traballadoras nestas protestas? Por que as e os traballadores participan na batalla contra o Islam político polos seus dereitos democráticos?

Salah Adly: As proclamas básicas da revolución de xaneiro foron: pan – liberdade – xustiza social – dignidade humana. É o reclamo esencial da revolución democrática nacional, e chegou após unha longa etapa histórica que comezou a mediados dos 70 do pasado século, baixo o goberno dependente do grande capitalismo e durante un ciclo cheo de regresións, atraso e tiranía.

Naquel período, as forzas reaccionarias, en alianza co imperialismo mundial e a reacción árabe, xestionada para fortalecer un clima que favoreceu que o actual Islam político – especialmente a Irmandade Musulmá – medrase e ascendese. As forzas da esquerda foron debilitadas, as e os traballadores desprazadas/os e as grandes industrias liquidadas para fanar calquera posibilidade de conquerir un amplo desenvolvemento.

De feito, os traballadores/as organizaron a maioría dos protestos que comezaron a agromar desde 2006, e participaron nas manifestacións populares como parte do pobo e non como clase de xeito organizado. Isto é debido á ausencia de sindicatos e federacións fortes debido ao forte legado da dictadura e da represión gobernamental para controlar as federacións e unións sindicais.

Tamén debido a estes cambios mudou a natureza e composición da clase obreira en varios sectores durante o periodo anterior. Empresas de mediana e pequena dimensión, controladas por un sector privado que loitaba contra a implantación sindical. A clase traballadora non emerxeu con claridade como tal na revolución. Por mor da falta dunha eficaz unidade entre as forzas da esquerda e a debilidade durante a etapa previa, na que agora non imos entrar, os movementos traballistas non apareceron dun xeito eficaz e influinte acorde coa dimensión da súa participación e dos seus grandes sacrificios na revolución.

Cómpre aclararmos que os traballadores/as do sector público descubriron que as prácticas e actitudes da Irmandade Musulmá non diferiran das orientacións do rexime de Mubarak, e aínda, eran peores. A Irmandade aplicou as mesmas políticas continuístas do programa de privatización e liberalización de prezos, e non aumentou o salario mínimo aínda que formaba parte das primeiras esixencias da revolución.

Reduciron os impostos aos empresarios, continuando a privatización de servizos e rexeitando a implementación do programa de aseguramento médico. Insistiron en vender e hipotecar os activos do Exipto e mailas súas institucións mediante o proxecto dos “Bonos islámicos” que pronto aprobaron no Consello da Shura (cámara alta do parlamento), controlada pola Irmandade Musulmá.

A posición máis perigosa era a súa negativa para aprobaren a liberdade sindical, na que estaban dacordo con todas as forzas políticas e sindicais existentes antes da revolución, subsituindo os homes de Mubarak na Unión Xeral de Traballadores Exipcios cos seus proprios.

Estes son os fundamentos sociais e democráticos da clase traballadora en prol da revolución e contra o goberno da Irmandade Musulmá e as forzas do Islam político, alén doutras razóns que xa temos mencionado.

Calquera que pense que as e os traballadores/as só confrontan a Irmandade por asuntos grupais ou razóns económicas está enganado/a. As e os traballadores son os máis conscientes dos perigos do proxecto da dereita relixiosa extremista e as súas prácticas fascistas contra todos os sectores democráticos, políticos, económicos e sociais da nación.

P3- Nas vosas afirmacións, o Partido Comunista do Exipto caracteriza o decurso actual dos feitos como unha revolución… Cal é a natureza, tarefas e esixencias urxentes desta revolución?

Salah Adly: Si, o que está a suceder agora mesmo é unha revolución. Para sermos precisos, é a segunda onda da grande revolución de xaneiro de 2011, despois de que a primeira fora abortada polo secuestro da Irmandade Musulmá, a pesar de que nunca chamaran a iso.

É unha revolución democrática cunha clara orientación social e patriótica. Continúa baixo o amparo de grandes sectores sociais e moitas forzas políticas (liberais, nacionalistas e da esquerda) que participaron nela. Coa continuidade da marea revolucionaria, clarificáronse as diferentes posicións, e os rumos destas forzas, e rebelouse a súa disposición para continuar o vieiro da revolución.

As primeiras tarefas democráticas da revolución son as de promulgar unha nova constitución civil e democrática que afiance os dereitos humanos, os dereitos das mulleres e os dereitos sociais e económicos para as clases traballadoras, que non negue o dereito do pobo a escoller o futuro sistema económico e político segundo o equilibrio de forzas. Así, a tarefa de derrubar a Constitución sectaria e reaccionaria, máis que emendala, é unha tarefa fundamental para as forzas democráticas e progresistas no momento actual.

Unha das tarefas da revolución democrática é tamén a liberdade para constituír sindicatos, asociacións e partidos políticos sen a interferencia do goberno, rexeitando a formación de partidos políticos fundamentados no sectarismo relixioso, que logre a igualdade entre mulleres e homes en dereitos e deberes, igualdade perante a lei e contra a criminalización relixiosa e outras formas de discriminación.

Entre as tarefas sociais estase a formular un desenvolvemento completo e independente baseado en fomentar os sectores produtivos, coa necesidade da distribución equitativa dos resultados do desenvolvemento e da riqueza en beneficio dos pobres e explotados, conquerindo esixencias sociais urxentes. É prioritario especificar un salario mínimo e máximo, vencellándoos aos prezos, cancelando as débedas dos pequenos labregos, redistribuindo as partidas orzamentarias para aumentar o gasto en saúde e educación, proporcionando vivenda para as persoas con menos ingresos, aumentando os impostos aos ricos, recuperando a propriedade pública das empresas que foron privatizadas e loitarmos contra a corrupción.

As tarefas nacionais son: oposición á dependencia dos EUA, rexeitando a hexemonía sionista, emendando os acordos de Camp David, restaurando o papel nacional do Exipto nos niveis árabe, africano, rexional e internacional, e profundizando no relacionamento coas pobos e países do terceiro mundo.

P4- Os recentes acontecementos no Exipto revelan un rexeitamento do “islam político” ou unicamente da Irmandade Musulmá por parte do pobo exipcio?

Salah Adly: A Irmandade Musulmá é a organización máis eficaz e influente entre as forzas do Islam político. Todas as demais, incluindo os salafistas e jihadistas, son aliados da Irmandade e apoiárona na última batalla por defender o seu réxime porque saben que a súa derrota significaría unha derrota importante para o proxecto islamita sectario que apoia a administración dos EUA como alternativa ao colpaso dos reximes autoritarios.

Só o partido salafista al-Nour foi excluído da alianza debido ás consideracións relacionadas coa súa asociación á Arabia Saudita, a pesar de que somos conscientes do seu carácter sectario e reccionario, hostil aos dereitos humanos e das mulleres e minorías, incluindo outras sectas islámicas. Isto era evidente neles, incitando ao delito de asasinar xiítas e arrastrando os seus corpos nun terrorífico masacre que tivo lugar nunha aldea o último mes.

Pensamos que a batalla aínda non rematou, e precisa dunha loita política, social e cultural que esmague a súa resistencia e mude o panorama xeral que predominou durante décadas. 

Porén, gostariamos de subliñar que o que está a suceder agora no Exipto non é somentes un confronto coa Irmandade Musulmá, e os seus aliados das forzas da dereita relixiosa, cos corpos de seguranza do estado. Están, de feito, a confrontar co pobo exipcio de todos sectores e correntes, como as proprias institucións do Estado, incluida a xudicatura, medios de comunicación e sector cultural.

Nos barrios e vilas, a Irmandade Musulmá está agora a confrontar coas masas do pobo exipcio, unha vez que perderon o apoio de grandes segmentos populares nos dous últimos anos. Non obstante, as forzas armadas e corpos de seguranza terán un importante papel no confronto coas milicias armadas terroristas.

En resumo, o que sucedeu é unha grande derrota para o proxecto relixioso en xeral, e non só para a Irmandade Musulmá.Terá implicacións relevantes para o próximo periodo.

P5- Cal é o voso ponto de vista sobre os argumentos que sosteñen que o derrocamento de Morsi é antidemocrático porque foi elixido desde a legalidade e a nova Constitución foi ratificada mediante un referendo? Foi Morsi deposto polo exército exipcio?

Salah Adly: Foron máis de 22 millóns de cidadáns do pobo do Exipcio os que derrocaron a Morsi ao asinaren un documento que contén o seu próprio nome, carné de identidade e nome da provincia, escrito a man ademais de na rede, nun referendo sen precedentes que culminou na “grande expulsión” nas principais prazas por máis de 27 millóns de manifestantes o 30 de xuño, continuando en catro días sucesivos.

Foi Morsi quen derrocou a lexitimidade cando declarou a ditadura constitucional en novembro de 2011. Foi Morsi quen infrinxiu os dereitos humanos cando os seus apoiantes terroristas asediaran o Tribunal Constitucional, cando a súa milicia torturou manifestantes en fronte do al-Ittihadyah (palacio presidencial), como foi demostrado polas investigacións que levou a cabo a fiscalía, e cando os seus homes asasinaron manifestantes fronte os cuarteis xerais do Partido da Liberdade e da Xustiza (o brazo político da Irmandade Musulmá) de acordo con ordes explícitas do líder do grupo e seu deputado, como os asasinos recoñeceron despois ao fiscal.

Foi Morsi quen renegou das promesas que anunciaria o día no que modificou a Constitución e formou un goberno de coalición. El e o seu grupo recuncaron no somentemento ás condicións do Fondo Monetario Internacional, e declararon ademais a Jihad a Siria nunha conferencia de forzas terroristas jihadistas sen consultar ao exército e ao Consello Nacional de Defensa.

Por tanto, todos os partidos e forzas políticas, e incluso o partido salafista Al-Nour, que baixou do barco antes de que naufragase, chamaron desde ben cedo á convocatoria de eleccións.

Esta demanda non supón un golpe contra a democracia, se non que emana do corazón da democracia popular cando calquera presidente traizoa as súas promesas e programa á xente que o elixiu.

Limitar o fundamento da democracia unicamente nas urnas é unha total terxiversación da esencia da democracia e un rexeitamento explícito do dereito do pobo á revolta contra a autocracia e os reximes fascistas que usan a relixión para agochar a súa natureza reaccionaria e a súa orientación na extrema dereita capitalista.

A defensa de Morsi por parte dos EUA e os estados capitalistas de Occidente retratando o acontecemento como un “golpe de estado militar” contra a “legalidade constitucional” é unha posición formal que agocha o feito de que o imperialismo mundial está aterrorizado polas revolucións populares e a súa capacidade para rebordar os estreitos límites da democracia burguesa que representa, en esencia, a mellor forma de satisfacer os intereses dos grandes empresarios e monopolios e os seus axentes locais para controlaren o destino dos pobos no terceiro mundo.

O que ocorreu non foi un golpe militar de ningunha forma, se non un golpe revolucionario do pobo exipcio para liberarse da dominación fascista. O que fixo o exército foi cumprir a vontade do pobo e protexelo dos planos da Irmandade Musulmá e dos seus aliados terroristas armados que pretenden iniciar loitas sectarias e guerras civís, dividir o exército exipcio e destruir as institucións do Estado exipcio para servir os intereses do imperialismo e do sionismo na rexión.

Que clase de golpe militar conta co apoio de decenas de millóns de persoas nas rúas? Que clase de golpe militar é cando o cabeza do Tribunal Constitucional asumiu o poder, que foi demandado pola Fronte de Salvación, que engloba todas as forzas de oposición coas súas variadas orientacións e o xoven movemento “Tamarud” (Rebelión), que foi apoiado polas masas do pobo exipcio?? Que clase de golpe militar é cando un goberno formado por civís cualificados que asumirán o poder durante un periodo de transición que non excederá 1 ano e rematará coa promulgación dunha constitución democrática civil e eleccións parlamentares e presidenciais nas cales todos estamos interesados?

Que clase de golpe militar é aquel que permite o dereito ao protesto pacífico incluso aos adversarios e non impón o estado de sitio? A declaración de Al-Sisi, o xefe do exército exipcio, no que comunicou a folla de ruta do periodo de transición, só anunciado despois dun diálogo e consenso cos representantes da Fronte de Salvación, incluindo a mocidade do movemento Tamarud, o Sheikh de Al-Azhar, o Papa dos Coptos e unha representación das mulleres. As e os exipcios/as celebraron nas prazas principais, bairros e vilas a grande vitoria do pobo e a complicidade do exército nacional.

Debemos, tal e como nos ensina o marxismo, analizar a realidade concreta e non confinar a nosa visión a ideas ríxidas e predeterminadas. Acaso non é digno de mención a cegueira dos medios occidentais sobre isto, rexeitando a realidade e insistindo en que é un golpe militar?

Mesmo así, temos que estar alerta e prestar atención durante a próxima fase para nos asegurar de que o papel dos militares nesta etapa fica limitada á protección do pobo e na seguridade nacional e no respeito ás súas promesas de non inerferir directamente en asuntos políticos, e na necesidade do pobo de ficar nas prazas para asegurar a implementación das esixencias na fase de transición.

P6- Que valoración realizades da posición dos EUA no tocante aos sucesos no Exipto?

Salah Adly: Os EUA foron sorprendidos pola revolución de xaneiro de 2011, mais estaban preparados para cenarios de mudanza no Exipto antes de que o rexime de Mubarak caese.

Así pois, interveu inmediatamente depois do derrocamento para conformar unha alianza entre o Consello Militar anterior e a Irmandade Musulmá para facilitar a entrega do poder á Irmandade depois de prometeren o aseguramento dos intereses dos EUA, certificando a seguranza de Israel e continuando a política económica neoliberal contra os intereses das masas populares.

No entanto, os EUA descubriron despois a grave incapacidade da Irmandade para exercer o poder, ao carecer de persoas cualificadas e insistiren na alianza cos grupos jihadistas no lugar dunha alianza con forzas liberais e uníndose á clase dos grandes capitalistas no seus varios estratos nun sistema estable baseado na transferencia de poder que xirase na órbita da súa clase e asegurase os intereses dos EUA. Os EUA, ao mesmo tempo, tamén afirmaron os intereses e privilexios da institución militar coa intención de garantir a súa lealdade.

Mais os EUA estaban ao mesmo tempo asustados pola continuidade da situación revolucionaria do Exipto, a escalada dos protestos e do rexeitamento popular ao dictado da Irmandade Musulmá. Por tanto, exerceu grande presión sobre a Irmandade para levar a cabo reformas, e tamén exerceu presión sobre forzas da oposición liberal, nomeadamente sobre aqueles que representan os intereses do grande capital no Partido Wafd, Partido Libre dos Exipcios e Partido da Constitución para acelerar eleccións parlamentares, pondo fin á alianza coas forzas da esquerdas e rexeitando as orientacións revolucionarias dos movementos da mocidade que afirmaban os obxectivos da revolución e o desprazamento do rexime da Irmandade Musulmá, que só podería ser acadado cunha grande revolución popular contra a mesma e boicotando as eleccións.

Cando a “Tamarud” (Rebelión) e a súa xenial ideal de deslexitimar a Morsi se cumpriu, colocaron a todos nun dilema cando grandes sectores do pobo e as forzas políticas respostaron. Isto puxo o final ás vacilacións de todas as forzas e partidos, e marcharon trala decisión popular de derrocar a Morsi e convocar eleccións anticipadas. Esta demanda aumentou até chamar ao derrocamento do rexime da Irmandade Musulmá, mudando a Constitución e correxindo o decurso da revolución a través dunha nova lexitimidade revolucionaria e unha nova fase de transición.

A Irmandade Musulmá, os americanos, o exército, e incluso as forzas da oposición política e mocidade non imaxinaron que o pobo respostaría de forma tan masiva que forzaría a implementar a vontade popular.

Sabemos que os EUA exerceron unha presión flagrante no xefe do exército e nas forzas políticas liberais para non derrocar a Morsi e levar a cabo unicamente grandes reformas. Pero foi demasiado tarde e todos se decataran xa de que o pobo falara e que a alternativa sería a escalada dunha guerra civil, o aumento do terrorismo e da loita sectaria, e abriría a porta á intervención estranxeira.

A consecución neste ponto crítico do derrocamento de Morsi e a intervención do exército serviu para culminar os obxectivos da revolución nesta altura. É digno de mención que esta é a primeira vez que o exército exipcio desobedece as ordes dos EUA porque comprendeu a natureza dos grandes perigos que poderían estenderse a si mesmo e á patria se declinaba apoiar a revolución.

As forzas nacionais e democráticas decatáronse de que os dirixentes do exército contan con intereses e privilexios que queren preservar, e tamén queren ter un papel no poder sen interferencias políticas directas. Pensamos que hai que ter isto en conta, coa intención realizar correcións graduais cara a seguinte fase.

Sospeitamos que os EUA, no actual periodo crítico, animará a conspiradores a iniciar sedicións e contendas para estender o caos e acadar os esquemas do “caos creativo” e tornar Exipto noutro Iraque. Isto é o que sucedeu e foi rebelado na conspiración do venres 5 de xullo. Esta conspiración foi denomidada pola mocidade “agresión Tripartita, EUA-Israel-Irmandade Musulmá contr o pobo do Exipto. O plano apontaba en abortar a revolución, reinstaurando a Morsi, sementando o caos e o terror através de manifestacións que ocuparían as prazas da Liberadade empregando armas e terrorismo, lanzando unha campaña de rumores e unha guerra de desinformación sen precedentes no Exipto no camiño de xerar divisións entre o pobo e o exército, e conspirando xunto a grupos jihadistas no Sinaí para declarar unha área liberada en complicidade cos Israel e grupos isámicos de Gaza.

Exipto viveu horas críticas despois do discurso terrorista e intimidador por parte do líder do grupo fascista, a Irmandade Musulmá, aos seus seguidores na praza Rabi´a al-Adawiyya na cidade Naser, no Cairo. Esta foi a sinal para dar comezo á grande conspiración contra a vontade popular. A CNN, así como o servizo árabe da BBC xogaron un papel perigoso nesta trama. Porén, o pobo e o exército foron quen de botar abaixo a conspiración e o vergoñento papel dos EUA e a traizón dos Irmáns Musulmáns ficou á descoberta perante o pobo e a patria. Foi un grande golpe ás pretensións dos EUA e do imperialismo na rexión, e reafirmou o triunfo da revolución e dos desexos populares por riba das forzas contra-revolucionarias.

P7- Como valorades o nomeameto do presidente interino, Adly Mansour, e que medidas imediatas debería tomar?

Salah Adly: É un xuíz ben coñecido pola súa integridade e competencia, e non profesou nengunha preferencia política. O seu discurso de toma de posesión como presidente interno foi positivo. Insistiu que foi “só o pobo” quen o autorizou, e que os poderes que se lle atribuiron foron honoríficos, mais a autoridade real residiría no primeiro ministro que se elixise por consenso entre as forzas democráticas nacionais e a mocidade, e que levará a cabo a implementación das tarefas dacordo cos forzas democráticas e sociais. A prioridade para o goberno será impedir o colapso económico, implementando as demandas urxentes dos obreiros e provendo seguridade.

Valoramos a necesidade de continuar a presión popular nas prazas, que foi confirmada pola declaración de Al-Sisi, protexendo o dereito pacífico á manifestación. Isto asegura que non haberá desviacións dos acordos aos que chegamos, e afirmará que o exército non intervén con excepcionalidade alén dos límites acordados para asegurar o éxito da dificultosa fase de transición.

P8– Cales son os principais desafíos aos que fai fronte o voso partido, especificamente en relación a outras forzas políticas e na creación dunha alianza unitaria?

Salah Adly: o desafío fundamental é a necesidade de unificar forzas da esquerda, en primeiro lugar, para confrontar as grandes tarefas deste periodo. As máis importantes son:

1. Asegurar a consecución dos obxectivos da fase de transición.

2. Conquerir un consenso sobre un candidatura única para as forzas democráticas e nacionais que loite na batalla das eleccións presidenciais.

3. Construír unha fronte de forzas da esquerda, Nasseristas, movementos xuvenís e sindicatos; preparar listas conxuntas para loitar nas eleccións locais e parlamentares; exercer presión e asegurar que non existe volta atrás na liña correcta da revolución durante o periodo de transición.

4. Completarmos e desenvolvermos a estrutura partidaria, renovarmos o partido con sangue novo e desenvolvermos o programa que faga fronte aos grandes desafíos que estamos a confrontar.