60 aniversario do Asalto ao Cuartel da Moncada.

 
A Asociación de Amizade Galego-Cubana Fco. Villamil e o Consulado de Cuba temos o pracer de convidarvos ao 60 aniversario do ataque ao cuartel Moncada o sábado 27 de xullo en Santiago.

Celebrarase no 1º andar da Escola Ramón Cabanillas do Castiñeiriño, situada ao lado da igrexa, preto de onde se viña celebrando tradicionalmente.

Iniciarase ás 20 h.

Ás 21, intervirán o presidente da Asoc. Fco. Villamil, Valentín Alvite, e a cónsul de Cuba, Laura Urra.

Posteriormente, haberá música en vivo, mojitos e degustación de manxares.

Agardamos a presenza de todos e de todas, ao tempo que vos animamos a deleitarnos coas vosas especialidades gastronómicas.