X Encontro Europeo de Mocidades Comunistas.


Os CJC acollemos a organización do 10º Encontro Europeo de Mocidades Comunistas.
 
Os próximos 20 e 21 de xullo de 2013 os Colectivos de Mozos Comunistas (CMC) acolleremos en Madrid a organización do X Encontro Europeo de Mocidades Comunistas. O lema en torno ao cal virará este X Encontro será: “A loita da Mocidade Comunista nas condicións da crise capitalista, no camiño do socialismo”.

Os CJC afrontamos esta organización como un compromiso histórico co internacionalismo proletario, conscientes de que este principio non se pode constituír en torno a retórica baleira; senón en torno ao compromiso concreto de traballo e ofensiva conxunta da mocidade obreira e de extracción popular a nivel internacional.

Nas condicións actuais de crise estrutural do capitalismo, a oligarquía parasitaria articula as súas medidas de saída da crise sobre un incremento da explotación da clase obreira internacional, sobre a base da barbarie, a miseria e a guerra imperialista. Por este motivo o reto histórico de fortalecemento dos Partidos e Mocidades Comunistas, de dotar á clase obreira da súa única ferramenta de loita consecuente, é un obxectivo no que debemos avanzar nunha verdadeira acción conxunta.

O necesario avance internacional das posicións revolucionarias ten por diante a confrontación coa coordinación imperialista a nivel mundial e coas súas organizacións de sometemento á clase obreira. Coa OTAN das guerras, das intervencións, das ameazas contra os pobos; e coa UE dos 30 millóns de parados e dos 127 millóns que viven por baixo do limiar da pobreza; a UE que foi construída para servir aos intereses do capital e das multinacionais contra os pobos e que se volve máis reaccionaria a medida que a súa crise se agudiza.

É o momento decisivo de que a mocidade traballadora a nivel internacional tome conciencia de que esta coordinación imperialista internacional é quen crea e intensifica as nosas condicións de miseria e explotación, presentes e futuras. É a organización ao servizo dos monopolios quen coloca a educación ao servizo do capital e tennos reservado unicamente o papel de man de obra barata, construída a medida dos seus intereses de apropiación e rapiña de todo o que como clase producimos.

Tras o avance do IX Encontro na análise das causas e consecuencias do triunfo da contrarrevolución na URSS e nas democracias populares do Leste de Europa; onde as mocidades revolucionarias puidemos poñer en común nosas posicións sobre un tema utilitario á burguesía para a través das discrepancias e o recurso do anticomunismo debilitar as conquistas históricas da clase obreira no século XX. Este encontro organizado polos CJC pretende ser un novo chanzo no aínda longo camiño da coordinación internacional das Mocidades Comunistas.

E é que como di o lema de convocatoria do encontro: o camiño é o socialismo. Os CJC somos conscientes que nos queda un longo camiño por diante, non vimos chamar ao engano de que a conquista do poder obreiro será sinxela. Pero conscientes tamén de que non basta con só expresar obxectivos, de que é necesaria a acción e o compromiso e por iso entendemos que non podemos atrasar máis a coordinación das Mocidades Comunistas a nivel Internacional. Por iso asumimos a organización deste X Encontro coa nosa absoluta disposición para o debate e para o avance conxunto de todas aquelas organizacións que estean dispostas a transitar o camiño de reforzo da Mocidade Comunista cara á Revolución Socialista.

Hoxe máis que nunca, Socialismo ou barbarie!
Viva o internacionalismo proletario!

[Fonte: CJC]