Visita do Embaixador de Cuba a Galiza.

O venres 21 de xuño terá lugar un encontro do embaixador da República de Cuba, Alejandro González, cos cubanos residentes en Galicia e coas organizacións de amizade.

O acto terá lugar en Santiago ás 7 da tarde na Casa das Asociacións (r/ Manuel Beiras, 3), situada no barrio de Conxo.

Desde a Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil, convidámosvos a asistir a dito acto, ao tempo que lles agradecemos a todas as organizacións que trasladen esta invitación á súa militancia.

Compostela, 14 de xuño de 2013.