Solidariedade cos manifestantes en Frankfurt.

Durante os días 31 de maio e 1 de xuño miles de manifestantes estiveron bloqueando as instalacións bancarias no corazón do capital europeo, especialmente as do Banco Central Europeo. Como no ano pasado, a policía intenta suprimir as accións pacíficas, tratando de impoñer deste xeito o interese dos grupos capitalistas e do goberno alemán. Este interese vai en contra dos pobos europeos e dos obreiros. Ao goberno alemán e ás institucións da Unión Europea incomódalles que os medios europeos informen sobre calquera tipo de resistencia e de rexeitamento contra as súas políticas de austeridade que din ser “sen alternativa”. Eles queren unha pax romana respecto da explotación dos países do sur de Europa que chaman cinicamente “periféricos”.

A crise do capitalismo non é resultado dunha política equivocada duns banqueiros ou un problema de bolsas desenfreadas. A crise é sistémica.

Os partidos participantes do 22 Seminario Comunista Internacional polo tanto se solidarizan cos activistas dos actuais bloqueos en Frankfurt, e felicítanos pola súa decisión de enfrontarse a un sistema inhumano que non lles dá futuro aos pobos europeos nin á humanidade en xeral.
[Fonte: DKP]