Siria, ese conflito inventado pola OTAN…

…e no que Exipto adopta o papel penoso de ser a nova punta de lanza do imperialismo da OTAN contra Siria rompendo relacións diplomáticas e esixindo unha zona de exclusión aérea.


O ex Ministro de Asuntos Exteriores de Francia, Roland Dumas, indicou que: “Eu estiven en Inglaterra dous anos antes da violencia en Siria por outro asunto. Reuninme con altos funcionarios británicos, que me confesaron que estaban preparando algo en Siria”, segundo citou a cadea iraní Press TV.

Continúa dicindo: “Isto foi en Gran Bretaña, non en Estados Unidos. Gran Bretaña estaba organizando unha invasión de rebeldes en Siria. Ata me preguntaron, aínda que xa non era ministro de Asuntos Exteriores, se me gustaría participar”.1

Así, novamente saen á luz probas relativas á creación artificial do conflito en Siria por parte de membros da OTAN. É arrincada esa aparente cobertura de levantamento civil. Trátase dunha guerra civil onde o imperialismo da OTAN está intervindo de forma indirecta.

A OTAN ten importantes intereses depositados na caída de Al-Assad, impoñendo un goberno “títere” aos seus intereses en Siria. Este país ten intereses principalmente xeoestratéxicos para EE.UU e Israel. O dominio desta zona supoñería a perda dun aliado para Irán e para a guerrilla libanesa Hezbolá; supoñería unha posición xeoestratéxica para a invasión de Irán por parte da OTAN -especialmente os máis interesados, Israel e EE.UU-.

Ante a debilidade de Turquía, EE.UU. emprega outra das súas puntas de lanza da zona: Exipto.

Ademais, este sábado o presidente de Exipto, Mohamed Morsi, anunciou a ruptura das relacións diplomáticas con Siria. Morsi decidiu retirar ao enviado exipcio en Damasco e pechou a embaixada siria no Cairo. Así mesmo, agora é o que leva a iniciativa das medidas e sancións máis duras contra Siria, como a petición de creación dunha zona de exclusión aérea.2

Desta forma mostrou o seu apoio aos “rebeldes” sirios que combaten ao goberno de Al-Assad. Di apoiar as “demandas de liberdade” do “pobo” sirio. Liberdades que ademais non proporciona el mesmo en Exipto.

Nestes momentos turbulentos para Turquía -país da zona que estaba levando a iniciativa da ofensiva contra Siria e Al-Assad que non pode seguir exercendo o seu papel- é Exipto quen toma a testemuña contra Siria e a prol dos intereses da UE, de EE.UU e da OTAN, no seu conxunto.

Mercenarios e criminais presentados como “rebeldes civís”:

Os intereses económicos e xeoestratéxicos das grandes multinacionais e da criminal organización OTAN está por riba das vidas humanas. A OTAN promoveu, financiou e adiestrou3, a grupos de mercenarios nativos de Siria e traídos doutros puntos de Oriente Medio e do norte de África (como os adscritos a Al-Nasra). Grupos criminais que están realizando todo tipo de tropelías e masacres en chan sirio contra a poboación civil. Iniciaron unha guerra civil para cubrir as súas ambicións económicas.

Así, ao presidente ruso, Vladimir Putin, espetoulle ao primeiro ministro británico, David Cameron: “Quere apoiar aos que comen as tripas de xente diante de todo o mundo?”4

Un hipócrita máis na zona:

Do mesmo xeito que a outra punta de lanza da OTAN na zona, a Turquía de Erdogán, Morsi debería preocuparse dos conflitos sociais presentes en Exipto, da represión que exerce sobre a poboación exipcia e os graves problemas económicos e sociais existentes.5

Por exemplo, a principios deste ano reprimiu criminalmente á poboación exipcia en Port Said como consecuencia das protestas na mencionada cidade, causando polo menos 40 mortos e numerosos feridos. Esta foi minusvalorada intencionadamente polos medios de comunicación privados e públicos; non se produciu ningunha crítica nin investigación da ONU para establecer sancións ao goberno.

É evidente que o papel que xoga na zona Morsi, neste momento, é de interese para a OTAN. Por iso o protexen das súas tropelías cometidas en Exipto.6

Notas:













[Fonte: LMO]