Recuperando os clásicos: I. V. STALIN.

Estimados lectores,

Para celebrar o comezo da andadura de Edicions Pravda e impulsar a recuperación editorial de innumerábeis obras teóricas do marxismo que paulatinamente caeron no esquecemento e deixaron de ser editadas no noso país, cando non na maioría do mundo enteiro, decidimos impulsar unha campaña para conseguir reeditar neste caso, as Obras Completas de J. V. Stalin.

A adquisición de todas as obras do dirixente soviético é unha tarefa practicamente imposíbel a día de hoxe, e por iso desde Edicions Pravda consideramos que xa é o momento de recuperar de novo todo o patrimonio teórico do marxismo que quedou relegado a unhas poucas bibliotecas e arquivos de universidade.

POR QUE ESTA CAMPAÑA.

Reeditar todos os tomos da obra enteira de J.V. Stalin non é unha tarefa fácil, xa que se trata dunha colección de 15 tomos -segundo se editou na súa versión orixinal na Unión Soviética- polo que o traballo de reedición, maquetación e adaptación dos textos non é pouco.

Tampouco é unha tarefa que economicamente podamos asumir desde Edicions Pravda en solitario, xa que se trata dunha suma importante de diñeiro.

É por iso, que cremos que coa implicación de todos e todas, será posíbel levar a bo porto esta importantísima tarefa e volver situar nas nosas estanterías a obra completa dun dos máis importantes dirixentes políticos do século XX.

QUE FAREMOS COAS vosas ACHEGAS.

Calculamos que a preparación, edición e impresión das obras roldaría os 15.000 euros -aínda que o prezo pode variar lixeiramente ao final- no caso de atopar a 200 persoas interesadas en contribuír a este proxecto e poder facerse así con cada un dos exemplares que compón a colección completa dos obras de J. V. Stalin, polo que cada colección enteira custaría ao redor de 90 euros para cada participante da campaña.

Para poder facer realidade este soño de moitos comunistas ou simplemente interesados na figura de Stalin, abrimos esta campaña a todo o mundo. Unha vez consigamos as persoas necesarias -ou máis- dispostas a aportar o custo proporcional da edición destas obras, poderemos gozar de novo de todo este legado histórico practicamente extinguido a día de hoxe.

As vosas achegas serán destinadas á preparación final dos textos, a digramación destes, así como ao deseño gráfico dos volumes e o conxunto das obras. Coas vosas achegas tamén realizaremos os envíos dos libros a domicilio e organizaremos as presentacións.

CALENDARIO.

Logo de finalizar o Verkami, tardaremos aproximadamente entre un mes e medio e dous para acabar de traballar os documentos, facer a digramación e o deseño gráfico antes de entrar a imprenta. Unha vez impresos os libros, realizaremos todos os envíos e as presentacións no mes seguinte.

[Fonte: Verkami]