Crónica do 1 º Congreso do PCPC.

O PCPC converteuse desde a súa fundación na única referencia política que sostén a bandeira do marxismo-leninismo en Cataluña. Despois de doce anos e catro conferencias, deu un paso á fronte, coa celebración do seu primeiro congreso o pasado fin de semana (8 e 9 de xuño).

 
Despois dun período precongresual de meses de debates, tanto da tese política como da organizativa, a militancia chegou ao primeiro congreso disposta para fortalecer o partido dos comunista cos documentos que sitúan de forma científica a realidade deste capitalismo en crise. Desta forma, dótase ao partido da organización e o análise político que o permita situarse como a vangarda da clase obreira.

O sábado día 8 deu comezo no Primeiro Congreso do PCPC coa asistencia tanto de camaradas de Cataluña como dun gran número de convidados. Entre eles, contouse coa presencia do camarada Carmelo Suárez, Secretario Xeral do PCPE. O evento comezou coa creación da mesa e inmediatamente deuse lectura do Informe Político a cargo do camarada Secretario Xeral saínte, Miguel Guerrero. Tras os cambios, o informe de política foi aprobado polo conxunto dos delegados.


A continuación, continuou o debate das teses políticas. A participación de todos os camaradas que o consideraron oportuno e a profundización dalgúns dos debates, continuou o mesmo durante toda a tarde do sábado e os primeiros momentos do segundo día do congreso.

Non sería ata cara o final do domingo, que as teses recibirían a aprobación dos delegados.

O último día da conferencia, despois de rematar as últimas discusións das teses políticas, iniciaríase o debate en torno á tese organizativa. Este documento tamén foi obxecto dun intenso debate que terminou horas despois, coa aprobación do mesmo pola militancia.

Concluídas as quendas sobre os documentos a debater, o camarada Carmelo Suárez deu un pequeno discurso no que falou da importancia da tradición comunista en Cataluña como un elemento clave para a creación do PCPE e da recuperación do marxismo-leninismo, non só Cataluña, senón no resto do Estado español. A continuación, o comité de resolucións presentou ao congreso dúas resolucións que serán publicadas en breve onde se abordan dúas cuestións diferentes. Unha primeira resolución que expresaba a vontade do partido na celebración deste primeiro congreso de situarse de forma más firme como o partido de vangarda e a única referencia na defensa dos intereses da clase traballadora en Cataluña; e unha segunda resolución na que se expresaba a solidariedade internacionalista do PCPC con todos os traballadores e traballadoras de todos aqueles paríase do mundo que son vítimas da barbarie imperialista.


Coa aprobación das dúas resolucións deuse paso ao comité de nomeamento para a proposta dunha lista de compañeiros que pasaron a formar parte do Comité Central. Tras o correspondente debate e aprobación polo  conxunto de delegados, este reuníuse por primeira vez. Como resultado, foi nomeado por unanimidade o camarada Fernando Nieto como o novo secretario xeral do PCPC.


O camarada Secretario Xeral procedeu a facer unha primeira intervención, onde situou ao Partido como aúnica proposta da clase no panorama político en caatalá e, como tal, a única capaz de aportar unha solución real á clase traballadora e os sectores populares cataláns. Despois diso, cedeu a palabra a Miguel Guerrero como secretario xeral saínte. O camarada aproveitou para salientar a satisfacción que lle proporcionaba confirmar o crecemento e fortalecemento do Partido Comunista en Cataluña.


Rematou o Primeiro Congreso da PCPC, como no podería ser doutra forma, cantando a Internacional e cos puños en alto.

Construír o Partido Comunista!
Conquistar o Estado socialista!









[Fonte: PCPC]
-Traducido por FORXA!-