CIG, CCOO e UGT convocan manifestación en defensa do naval vigués este xoves 27.

A marcha conxunta sairá de Vía Norte ás 20.30 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.
 
2013 06 20 FolgaNavalEstaleirosPrivadosVigo14Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocan unha nova mobilización en defensa do sector naval na Ría de Vigo este xoves 27 de xuño.
 
Nesta ocasión, a marcha partirá de Vía Norte ás 20.30 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.
 
As tres centrais convocantes indicaron que a protesta, que se producirá xusto unha semana despois da xornada de folga convocada nos estaleiros privados do Estado español, ten por obxectivo reclamar unha resolución favorábel ao sistema de bonificación fical (tax lease) que contemple a non retroactividade das axudas.
 
Finalmente, dende a federación do Metal da CIG reiteran a necesidade dun paro xeral na comarca viguesa ante a grave crise que atravesa a industria naval “xa que o impacto socioeconómico da desaparición do sector sería moito maior que noutras zonas”.
 
[Fonte: Avantar]