Carta en solidariedade cos esforzos sindicais dos traballadores de Telecable Tamaulipas.


Os abaixo asinantes pronunciámonos en solidariedade cos traballadores de Telecable Tamaulipas que ante a falta dunha organización sindical, pois o SITATIR agrupa a menos do 10% da planta laboral e só na oficina matriz, e a necesidade de facer fronte a agresións da Patronal decidiron organizar unha Sección do Sindicato Nacional de Traballadores do Cinema, Radio, Televisión, Comunicacións e Similares, agrupado na Federación de Traballadores
Independentes.

Lembramos que entre moitas outras agresións patronais contra os dereitos laborais en Telecable atópanse o non pago de tempo extra, falta de pago de incapacidades, falta de pago dos riscos de traballo, etc.

Denunciamos fortemente a reacción bárbara da patronal que pasou ao despedimento aleatorio de traballadores, incluíndo a un militante da liga da Mocidade Comunista, sospeitosos de impulsar o sindicato, que lanzou con hostilidade á súa garda privada contra quen en rúas contiguas se aproximara a repartir follas e pegar carteis, que tentou infiltrar á organización sindical, etc.

Saudamos a conformación dun comité de despedidos e que a sección sindical asuma a defensa de todos os despedidos. Celebramos que os esforzos de construción sindical seguen adiante.

O SINDICATO:

A EXECUTIVA COMARCAL:

O COMITÉ DE EMPRESA:

A SECCIÓN SINDICAL:


____________________________________________

[Se queres participar na solidariedade internacionalista con estes traballadores e traballadoras, podes mover esta carta entre os teus contactos no sindicato, na fábrica, sector… e reenviar os apoios recadados a cuogaliza@gmail.com antes do próximo martes 18 de xuño]