A policía ataca sedes do Partido Comunista de Turquia durante protestas populares.

O goberno turco utilizou vehículos policiais blindados, pelotas de goma e chorros de auga contra os manifestantes. Calculan preto de dous milleiros de detidos e 79 feridos nas protestas.


Varias sedes do Partido Comunista de Turquía, como a de Ankara, foron atacadas pola policía gobernamental. En Ankara o ataque produciuse durante as protestas populares contra o Goberno nas que o Partido Comunista está tendo un papel destacado.

A policía arroxou gas lacrimóxeno contra o edificio e detiveron a varias persoas no Centro Cultural. Así mesmo, arroxou granadas con gases lacrimóxenos e varias persoas resultaron feridas.

Desde o comezo das protestas, o goberno reprimiu duramente ao pobo. Calcúlase, segundo fontes oficiais, que hai preto dun milleiro de detidos e 79 feridos nas protestas.

O goberno turco utilizou vehículos policiais blindados, pelotas de goma e chorros de auga contra os manifestantes e segundo recentes informacións podería mobilizar a efectivos militares para reprimir as protestas, así mesmo tamén ordenou bloquear as redes sociais para censurar consignas subversivas na Rede.

Amnistía Internacional denuncia que as forzas represivas do réxime de Erdrogan causaron polo menos dous mortos, aínda que algúns medios elevan a cifra de falecidos a 8, e ata a 12 manifestantes. Os manifestantes coreando lemas tales como “Abaixo o Fascismo!” ou “Unidos cóbado con cóbado o contra o fascismo!”.

Sindicatos de traballadores públicos convocan a Folga Xeral.

O sindicato de traballadores públicos de Turquía (KESK) convocou unha folga para o martes e o mércores, despois de que a policía reprimise fortemente as manifestacións do pasado venres en rexeitamento á construción dun centro comercial no parque Gezi de Estambul.

O sindicato condenou enerxicamente o uso da forza contra os manifestantes e dixo que espera que outros sindicatos apoien o chamado a folga, mentres o primeiro ministro dese país, Recep Tayyip Erdogan, cualificou aos manifestantes de “extremistas”.

O secretario xeral do KESK, Ismail Hakki Tombul, confirmou os dous días de folga a partir do martes e asegura que solicitou a outros sindicatos que se unan ás protestas.

“Desde hai sete días a xente está na rúa e os sindicatos deben de xogar tamén o seu papel nisto”, explicou Hakki Tombul.

Engadiu que a folga anunciada xustifícase polo “estado de terror que se aplicou contra as multitudinarias protestas” dos últimos días. Esta confederación de sindicatos está formada por 11 organizacións obreiras e conta con máis de 200 mil afiliados.

Desde o martes 28 de maio rexistráronse un total de 235 manifestacións no país na que os cidadáns turcos opóñense á destrución do parque Gezi en Estambul.

Desde o venres, recrudeceronse as accións de represión por parte da policía xa que 12 persoas resultaron feridas por traumatismo, entre elas dous deputados da oposición e unha turista de orixe árabe, quen necesita unha operación craneoencefálica, segundo o Colexio de Médicos.

Os últimos informes din que as forzas de seguridade utilizaron durante o último fin de semana gas lacrimóxeno en Ankara (capital) para reprimir a concentración.

Ata o momento o Goberno recoñeceu a morte dun manifestante, un mozo que foi arroiado por un camión da policía, aínda que organizacións humanitarias falan de dous mortos.

As fontes do Goberno informaron que a Policía turca detivo a máis de mil 700 persoas durante as protestas.

[Fonte: Tribuna Popular]