A ofensiva en marcha contra o sistema público de pensións. Un novo ataque á clase obreira.

O Goberno da oligarquía:
 
- Retira o subsidio de paro aos maiores de 61 anos forzando a quen solicite a axuda para maiores de 55 a xubilarse anticipada e obrigatoriamente aos 61 anos, coa consecuente diminución no importe da pensión.

- Reduce a base de cotización.

- Suprime o subsidio ás persoas en paro cuxo cónxuxe cobre 980 €.

Os expertos "independentes" lacaios da oligarquía, vinculados ao sector financeiro e ás aseguradoras, pretenden decretar a insostenibilidade do sistema de pensións, e avanzar na súa liquidación.

- Aumentando a idade de xubilación.

- Modificando a fórmula de cálculo.

- "Desindexando" as pensións do IPC e vinculándoas ao PIB.

A UE imperialista promove a privatización camuflada baixo o disfrace de "sistema mixto de pensións", un roubo descarado á clase traballadora.

Con esta nova medida antiobreira queren desmantelar o sistema público de pensións, botándonos a culpa por vivir demasiados anos e preparando a súa privatización e a súa transformación nun novo espazo de acumulación de capital. A caixa da Seguridade Social ten preto de 65.000 millóns de € e este é o obxectivo da oligarquía; quedar con todo o que aportou a clase traballadora.

Estas medidas aumentarán aínda máis a pobreza e a exclusión social xa de seu altísimas: as máis elevadas da UE (Máis de 11 millóns de persoas en risco de pobreza, en 2010).

O pacto de hai dous anos privou ás xeracións futuras dunha pensión pública digna: O paro, os contratos ao límite da subsistencia, a temporalidade, a saída e entrada ao precario mercado laboral polas tarefas de coidados e crianza no caso das mulleres, fan imposible que accedan á xubilación.

Agora, a quen traballaron toda a súa vida, 30, 35, 40 anos, o capitalismo en crise estrutural resérvalles a miseria máis absoluta.

Fabrican parados/as a ampla escala para prexubilar , con pensións de miseria, a quen cotizaron toda a vida e botar á indixencia á inmensa maioría que non ten con que pagarse un plan privado ou un concerto coa SS; e ás súas familias que, carecendo dun posto de traballo e/ou dun teito, dependen dos seus maiores para sobrevivir. Se a finais de 2010 case a metade da poboación, era incapaz de facer fronte a pagos imprevistos (ir ao dentista por exemplo), coas pensións de miseria que nos van deixar como imos sobrevivir?

Un novo Pacto? Non, grazas.

Non hai tempo para máis consenso social, o noso pobo cada vez é máis pobre e vive peor. O capitalismo non é humanizable, ningunha xestión "boa" do mesmo como a que propón o reformismo devolveranos as condicións de vida e dereitos arrebatados. Só o fará a unidade, a organización, a loita da clase obreira.

Preparando unha nova Folga Xeral para amosar que sen a clase obreira, nada se move.

Defendendo cada conquista que nos sexa arrebatada, no marco da loita polo Poder obreiro e o Socialismo.

Pensións dignas aos 60 anos para o pobo traballador!

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!

[Fonte: PCPE]