27 de xuño: Xornada de loita pola sanidade pública.

A continuación detallamos os lugares e horas dos actos, manifestacións e concentracións, recollidas da páxina web de S.O.S. Sanidade Pública:
 
- VIGO. Saída da manifestación ás 20:00 horas no Hospital Xeral (Rúa Pizarro).

- PONTEVEDRA. Concentración na Praza da Peregrina ás 20:00 horas.

- VILAGARCÍA. Praza de Galicia ás 21:00 horas.

- A CORUÑA. Concentración diante do Obelisco (Cantón Grande) ás 20h.

- RIBEIRA. Concentración diante da Praza do Concello ás 20:30 horas.

- LUGO. Micropeza teatral “Recortar, recortarei!” ás 11:15 no hall do Ulla.

- SANTIAGO DE COMPOSTELA. Concentración ás 20:00 horas na Praza do Toural.

- FERROL. Manifestación desde a Praza de España ás 19:00 horas.

- O BARCO DE VALDEORRAS. Manifestación ás 20h con saída do pavillón de Calabagueiros.


Segundo informacións que nos chegaron, mais que non puidemos confirmar na web de S.O.S. Sanidade Pública, tamén haberá en:

- BURELA. Concentración diante do Hospital da Costa ás 20h.

- MONFORTE DE LEMOS. Acto público no Multiusos ás 20:15h.