Sobre o "Cumio Alternativo" e os "foros sociais".

Artigo da Sección de Relacións Internacionais do Comité Central do KKE sobre o Cumio Alternativo en Atenas e os seus perigosos obxectivos.

Neste período baixo o nome do “Cumio Alternativo” estase preparando unha nova versión renovada dos “foros sociais”, que está previsto que teña lugar en Atenas, 7-9 de xuño. A elección de Atenas non é casualidade. O anfitrión será SYRIZA, o partido oportunista en Grecia que se está transformando rapidamente nunha socialdemocracia moderna. Á luz deste evento, o KKE quixese destacar algunhas conclusións que sacou da súa experiencia en relación coa traxectoria dos foros durante todos estes anos, esta nova versión deles e establecer algúns criterios sobre a súa actitude fronte a eles.

A creación e os obxectivos dos “foros sociais”.

Os “foros sociais” europeos e outros xurdiron na década posterior á contrarrevolución. Foron promovidos como unha tendencia polo persoal da burguesía, e en particular polas forzas que abandonaron o Marxismo-Leninismo e o movemento comunista e saudaron o derrocamento do socialismo. A participación de partidos comunistas nestes foros foi promovida e propagada cun obxectivo concreto. A causa do desenvolvemento destes “foros” foi o estoupido das mobilizacións de masas nas cales había mesmo algunhas consignas anticapitalistas. Con todo, os foros intentaron debilitar e manipular as consignas radicais e atrapar ás forzas que se congregaron na liña de “corrección” do capitalismo. Promoveron a explotación capitalista como un feito e polo tanto só había espazo para levar a cabo algunhas reformas. Unha mellor redistribución socialdemócrata considerouse como a saída, tendo como punta de lanza a taxa Tobin que de feito hoxe foi adoptada polo menos por 11 gobernos da Unión Europea.

Na súa época, os “foros sociais” intentaron levar a cabo a súa misión en nome da socialdemocracia. Trataron de enturbiar as augas dándolle á socialdemocracia un rostro combativo cando os socialdemócratas a nivel internacional estaban tomando duras medidas anti-obreiras en condicións de crecemento dinámico das ganancias capitalistas.

A súa meta é o movemento comunista.

O KKE, tomando en conta todos os aspectos, examinou con atención a súa participación nos foros. Participaba de xeito discreto nas grandes mobilizacións, como a de Xénova en 2001, sen lexitimar coa súa presenza os procesos e as reunións que a socialdemocracia internacional e o oportunismo nos presentaban supostamente como “o movemento dos movementos”. Ao mesmo tempo, de xeito documentado revelaba os asuntos ideolóxicos e políticos e as consignas de xestión que acompañaban a formación dos “foros sociais” en base aos criterios que deben ter os comunistas na súa actitude cara eles.

O modo de creación dos “foros sociais” confirmou o obxectivo permanente da burguesía, e dos que están ao seu servizo, de golpear ao movemento comunista, debilitar o movemento da clase obreira. Para acadar este obxectivo, os burgueses e os seus monicreques non escatimaron á hora de esforzos, métodos e cartos para presentar o movemento comunista como algo anticuado e o movemento obreiro e a acción organizada dos traballadores como algo obsoleto e devaluado.

Ademais, cabe lebrar os argumentos falsos de que o movemento en cada país “finou”, que a opinión que nun país a clase obreira pode tomar o poder é supostamente nacionalista. A resposta do KKE a todo isto era por suposto que o único suxeito revolucionario que pode derrocar á barbarie capitalista é a clase obreira precisamente pola súa posición no proceso de produción, xa que produce toda a riqueza. O único partido revolucionario é o Partido Comunista, a vangarda da clase obreira que loita en cada país nunha alianza para derrocar o poder da burguesía.

A traxectoria de descenso que seguiron “os foros” deixou expostos a todos os que trataron anular o papel dirixente dos Partidos Comunistas e desacreditar o movemento obreiro organizado.

A traxectoria de descenso.

A traxectoria dos foros seguiu a creba ideolóxica e política das súas consignas. Así que pronto terminou nunha sucesión de eventos fracasados, reunións sen participación masiva e degradadas que incluían a ONG, personalidades gobernamentais e multinacionais como patrocinadores. É indicativo que o chamado Foro Subversivo que tivo lugar hai pouco tempo en Croacia tiña un contido tan…  subversivo que… o patrocinaron xenerosamente grupos monopolistas internacionais como son Peugeot e DHL. As “axendas ricas de xornadas europeas e mundiais de acción” que elaboran de cando en vez os “foros” acabaron, a maioría destas, a non efectuarse mentres que nos últimos eventos había queixas de parte dos participantes polo curso de disolución e dexeneración.

O PEE trata de rescatar os foros para salvar o capitalismo.

Para impedir este descenso, o PEE propuxo a formación do “Cumio Alternativo”.

É unha trampa contemporánea que pretende ir máis aló os “antiforos” e os “foros” e convertelos nun movemento que propagará a xestión gobernamental burguesa. Propoñen claramente a xestión gobernamental burguesa supostamente como saída, cos monopolios intactos e se propoñen a si mesmos como administradores responsábeis do sistema capitalista.

Invocan o declive da socialdemocracia tradicional que neste período busca novas formacións para a súa representación internacional e que se presentan como a solución alternativa ofrecendo unha diferente versión da consolidación do sistema político burgués que supostamente se opón ao fortalecemento das forzas fascistas, como o Amencer Dourado, avaliando que a crise do neoliberalismo fomenta as forzas fascistas. Pero como é posíbel presentarse como opoñente do fascismo sen opoñerse ao propio sistema capitalista que o enxendra, senón só a certas versións da súa xestión?

En oposición á postura dos foros que “rexeitaban explicitamente en maior ou menor grado a integración de actores políticos”1 o “Cumio Alternativo” defínese do seguinte xeito: “ademais aceptamos as forzas políticas que apoian as nosas demandas. As personalidades que apoian o noso chamamento son benvidas”2. Polo tanto, abandonaron as palabras hipócritas sobre “a autonomía e a independencia dos movementos”… Xa non existe o luxo de deixar fora do panel dos foros ás persoas que promoven o capital para unha solución gobernamental a favor da plutocracia.

“Útiles e benvidos” para o capital.

Os foros teñen servido sempre como un “desfilé” da socialdemocracia internacional, pero o “Cumio Alternativo” é o “ensaio xeral” dos que pretenden converterse en socialdemocracia en lugar da socialdemocracia. É indicativo que SYRIZA, por exemplo, se promove como “modelo” do que o PEE e os demais organizadores do Cumio Alternativo consideran como saída política. Tsipras, a cabeza de SYRIZA, falou na asemblea xeral da Federación Helénica de Empresas, onde foi eloxiado polo presidente dos empresarios que comentou descaradamente que “o radicalismo de SYRIZA é útil e benvido”. Este é o tipo de “radicalismo” que pretende promover o Cumio Alternativo, que é “útil e benvido” para as grandes empresas, capaz de atrasar o desenvolvemento dun movemento obreiro clasista forte, que se prepara para rexeitar calquera mobilización que cuestiona o propio poder da burguesía.

Propostas para unha saída a favor do capital cun capitalismo “humanizado”.

O chamamento do Cumio Alternativo abarca todas as propostas de xestión que fomentan ilusións de que o capital se pode controlar, que se poden controlar os monopolios sen derrocar o seu poder. Ao mesmo tempo, dise claramente que o Cumio pretende “mellorar o modelo social europeo”
3 mentres que ao mesmo tempo pode albergar versións de intereses de diferentes seccións da burguesía de cada paí ... dos himnos da Unión Europea ás opinións euro-escépticas e as que apoian a saída da zona euro. Mentres tanto, os foros non deixaron de desorientar ao pobo considerando a Unión Europea como suposto “contrapeso” á OTAN.

O KKE está seguindo un camiño diferente…

A postura coherente do KKE cara este tipo de “movementos” que pretenden restrinxir a organización da loita de clases en cada país, desviar ás mesas de negociación do goberno co fin de aceptar o masacre dos dereitos populares e obreiros é de igual importancia coa negativa do KKE de participar en calquera goberno de xestión burguesa, unha posición que constitúe un legado para o movemento popular. A fronte ideolóxica e política coherente do KKE contra o PEE como un mecanismo de mutación dos partidos comunistas, como centro do oportunismo europeo confírmase tamén polo papel que xoga o PEE no esforzo de resucitar tales institucións para a manipulación dos traballadores e traballadoras. O fracaso deste tipo de iniciativas, o rexeitamento destes eventos e dos seus obxectivos pola clase obreira e os demais sectores populares pobres oprimidos son unha precondición para o desenvolvemento da loita de clases.

A verdadeira alternativa e saída única é o reagrupamento do movemento da clase obreira, a organización da alianza popular que pon en primeiro plano o poder popular onde o pobo, non os monopolios, terán o mando. Este é o camiño que está seguindo o KKE.

1 http://transform-network.net/blog/blog-2013/news/detail/Blog/the-ambition-of-the-alter-summit.html
2 http://transform-network.net/blog/blog-2013/news/detail/Blog/the-ambition-of-the-alter-summit.html
3 Do “Chamamento para un Cumio Alternativo”

[Fonte: KKE]
-Traducido por FORXA!-