9 de Maio: En todos os centros de ensino, FOLGA!

A folga é a ferramenta que temos @s traballadores para amosar a nosa forza.

Á folga do ensino do 9 de Maio cómpre ir masivamente para rexeitar o ataque dos gobernos da oligarquía contra os servizos públicos, que queren privatizar en aras dos beneficios dos grupos empresariais privados, convertendo á mocidade obreira e popular en man de obra barata e obrigando ás familias a endebedarse para poder custear aos seus fillos uns estudos básicos.
Dicimos NON á LOMCE
porque:

-pon á educación ao servizo da patronal
-financia á privada cos cartos públicos
-impón aos centros públicos criterios de xestión de empresas privadas
-promove a competitividade entre centros de ensino
-coloca unha carreira de obstáculos aos/ás estudantes con menos recursos
-empeora as condicións laborais dos traballadores do ensino e do persoal de servizos

A LOMCE afonda na liña das anteriores reformas educativas ditadas pola Unión Europea para mercantilizar o sistema educativo en todas as súas etapas.

@s comunistas non queremos a volta a etapas anteriores, á LOE ou á LOGSE: defendemos a educación pública como parte da nosa loita por un sistema educativo alleo á lóxica capitalista, ao servizo da clase obreira e do pobo traballador. Libre do dominio da oligarquía parasitaria e dos monopolios capitalistas.

Cómpre ligar a loita do sector educativo á loita do conxunto de traballadores do resto de sectores, tanto públicos como privados, para deter a agresión que estamos sufrindo e organizar a resposta obreira e popular confluíndo nunha nova Folga Xeral que faga valer a unidade e a forza da clase obreira. Sen nós non se move nin unha engrenaxe do sistema capitalista

POR UNHA EDUCACIÓN AO SERVIZO DO POBO TRABALLADOR

TOD@S Á FOLGA DO 9 DE MAIO!

A por outra Folga Xeral!

[Fonte: CMC]