HOMENAXE A JULIÁN GRIMAU [Vigo, 20 de Abril]


As e os Comunistas de Galiza, organizados en FORXA!, PCPE e CMC-CJC convidámosvos a acompañarnos no acto de homenaxe ao comunista Julián Grimau, no 50 cabodano do seu asasinato a maos dun pelotón de fusilamento fascista, que conmemoramos o vindeiro sábado 20 de abril no Monte do Castro (fronte ao Concello de Vigo), ás 12:30 horas.

Chamamos aos comunistas, antifascistas e traballadores e traballadoras de Vigo a secundar e difundir esta convocatoria.

O único camiño para saír da explotación, da miseria, do capitalismo e as súas crises: o camiño de Julián Grimau.

Fronte Obreira e Popular, Loita Obreira e Socialismo!