Con motivo do Aniversario de Lenin [Grover Furr]

Hoxe é o aniversario do nacemento de Vladimir Lenin, o 22 de abril de 1870. O seu nome real era Vladimir Ilich Ulianov. “Lenin” foi o seu nome revolucionario.

Lenin ten sido quizais o máis grande revolucionario de todos os tempos. Sen dúbida, é un dos xigantes, canda a Karl Marx e Friedrich Engels.

Hoxe aínda temos moito que aprendermos del.

Outros grandes revolucionarios proviñan da clase obreira, Stalin foi un deles. Lenin proviña da pequena burguesía, como foi o caso de Marx e Engels.

Demostraron que, en última instancia, o que conta de cada persoa é a súa ideoloxía, e ao que el ou ela decida dedicar a súa vida.

Como Marx e Engels, os seus grandes mestres e modelos, Lenin dedicou a súa vida aos explotados e oprimidos do mundo -a clase obreira en primeiro lugar, mais tamén o campesiñado e os super explotados polo colonialismo e o racismo.

Debemos estudar as obras de Lenin –criticamente, por suposto. Mais tamén con respecto, xa que temos moito que aprender.

É difícil de facer -combinarmos crítica e respecto. É algo que temos de aprender a facer mellor.

Lenin representada todo un movemento, e toda unha época histórica. El nunca fixo nada “para si”. Asemade, empurrou á clase obreira na súa loita polo comunismo através dos seus incansábeis esforzos.

Nós, os traballadores con consciencia de clase, intelectuais, estudantes e moitos outros en todas partes, temos con el unha débeda inmensa. A mellor maneira de recoñecer que temos esa débeda é traballarmos pola revolución comunista, o mellor que poidamos.

Por tanto, feliz aniversario Lenin! Unha grande inspiración para todos nós, todos os días!

Grover Furr
Montclair SU