Syriza crea unha “Fronte por Chipre” co partido da dereita nacionalista “Gregos Independentes”.


Nunha alianza insólita, a esquerda “radical” de SYRIZA  uniu as súas forzas co partido nacionalista Gregos Independentes, unha escisión do partido conservador Nova Democracia, partido que sustenta o goberno de Samaras  co apoio de Pasok  e Esquerda Democrática. Deste xeito a formación de Alexis Tsipras forxa unha alianza coa dereita nacionalista para crear o que eles mesmos chamaron unha “fronte”, que pida ao Goberno grego maior solidariedade cos grecochipriotas.
 
A reunión tivo lugar na sé de Syriza  e asistiron os máximos representantes da formación de dereitas, co seu Líder Panos Kammenos á cabeza.
Ao finalizar o encontro, Kammenos dixo: “Hoxe foi unha reunión moi importante a que os gregos independentes tivemos co líder da oposición, Alexis Tsipras e a súa comitiva de Syriza. Xuntos queremos enviar unha mensaxe en apoio dos gregos chipriotas. Os grecochipriotas debe saber que non están sos, estamos todos xuntos, somos todos do pobo grego”. Ademais afirmou que a reunión creara unha “gran fronte nacionalista e socialdemócrata” en apoio de Chipre. Agregou que a fronte “seguiremos traballando malia as diferenzas ideolóxicas que existen, porque cos gregos Unidos, temos todas as papeletas para gañar”.
Os dous partidos esixiron que o Gobernador do Banco Grecia Giorgos Provopoulos compareza nun comité parlamentario para explicar por que el rexeitara unha petición de Nicosia para aportar 2 mil millóns de euros do fondo de recapitalización grego de 48 mil millóns de euros, para ser usado en apoio aos prestamistas chipriotas. Os bancos en Chipre sufriron as perdas de aproximadamente 4 mil millóns de euros o ano pasado logo dun corte drástico sobre obrigacións gregas.
O KKE  amosou a súa indignación ante semellante alianza e manifestou que “A cooperación entre SYRIZA e Gregos Independentes confirma que SYRIZA é un partido que favorece aos monopolios, e que non ten escrúpulos para pactar con calquera, ata coa dereita nacionalista“.
[Fonte: Ekathimerini]