Mensaxe de condolencias da Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga, polo falecemento do presidente de Venezuela Hugo Chávez.

O Partido Comunista de Grecia (KKE) expresa as súas máis sentidas condolencias pola morte do Presidente de Venezuela, Hugo Rafael Chávez Frías que librou unha batalla dura contra unha enfermidade incurábel.

Hugo Chávez expresou a vontade do pobo venezolano e foi elixido presidente do seu país gañando en catro batallas electorais difíciles en 1998, en 2000, en 2006 e en 2012. Desempeñou un papel protagonista na promoción dun plan político para confrontar a pobreza, resolver problemas sociais graves, utilizar os recursos naturais contra a agresividade do imperialismo dos EUA e a reacción local. Púxose ao lado de Cuba e dos pobos de América Latina. A través da intervención do pobo e a solidariedade internacionalista volveu asumir a presidencia despois do golpe de Estado levado a cabo polas forzas reaccionarias en abril de 2002.

O KKE expresou a súa solidariedade e apoio en todos os momentos difíciles do pobo de Venezuela, e segue facéndoo ata hoxe en día contra calquera intento de violación da vontade popular.

Unha vez máis, expresamos o noso máis sentido pésame á familia de Hugo Chávez, ao goberno, ao seu partido e ao pobo de Venezuela.

Aleka Papariga.
Secretaria Xeral do CC do KKE.

Atenas, mércores, 06 de marzo de 2013