Mensaxe da PAME ao Consello Presidencial da FSM.

Queridos compañeiros:

De parte da dirección da PAME e dos sindicatos clasistas do noso país, queremos transmitirlles os nosos saúdos militantes a todos os que participan no Consello Presidencial da FSM.

Creemos que o informe de acción da FSM para o 2012 foi rico en accións.

Desgraciadamente, non podo asistir a esta importante reunión do Consello Presidencial, xa que o 9 de Marzo temos organizadas manifestacións en todas as cidades de Grecia e en Atenas, tamén durante a mesma data na que se fará a reunión, se realizará
 o Congreso da Federación da cal son membro.
 
Queridos compañeiros:

Os grandes grupos monopolistas e o seu persoal político en Grecia e en Europa preparan para a clase obreira unha vida infernal sen dereitos, sen convenios colectivos.

En especial, queren roubar dos mozos todo o seu vigor, a súa forza e pagala con salarios de miseria, obtendo así enormes beneficios. Queren unha clase obreira, sen loita colectiva, sen sindicatos, coa cabeza inclinada, unha clase obreira sometida tendo conciencia da lóxica tipo “non importa que traballo é, soamente que sexa un traballo. Queren que a clase obreira acepte que o capital é poderoso e non hai outro xeito.

No noso país e en todos os países de Europa o desemprego segue aumentando. Así revela a gran mentira que foi a confirmación dos gobernos da UE de que coa redución dos salarios e a ampliación da flexibilidade laboral enfrontarían ao desemprego. Rexións enteiras convertéronse en cemiterios das fábricas e de empresas pechadas.

E coma se non fosen suficientes estes sufrimentos, o goberno impón novos impostos. Prepárase a proceder a expropiacións de casas ao beneficio do capital bancario. As novas medidas fiscais atacan aos traballadores autónomos que non poden pagar os novos impostos e elimínaos a acción dos grandes grupos empresariais.

A loita polos Convenios Colectivos foi un punto de referencia nas loitas de clase. Ten que ver, entre outros, coa vontade da clase obreira a rexeitar o ataque do capital. O seu plan é unha opción estratéxica. Trátase dunha loita a nivel nacional e sectorial cuxo resultado será avaliado cada vez pola correlación de forza, a boa planificación, organización e a acción militante das nosas forzas. Non subestimamos as dificultades desta batalla. Un asunto importante é o cambio da correlación de forza e aumentar o nivel da organización da clase obreira.

Sabemos que a loita será longa e difícil. A loita que fagamos seguramente terá intensificacións, existe a esperanza e a forza para derrocar ás políticas antipopulares.

O movemento clasista do noso país (coas súas debilidades), as federacións, os Centros Rexionais, as decenas de sindicatos cos miles de traballadores e traballadoras, loitan cada día nos lugares do traballo, contribuíndo así á organización da clase obreira, á agrupación de forzas e á revelación do dano que fai o sindicalismo gobernamental patronal; loitan contra o terrorismo e a represión do goberno e dos empresarios.

O movemento da clase obreira mostra a perspectiva que debe ter a nosa loita por un camiño de desenvolvemento contra os monopolios e a explotación.

Queremos suscitar a toda a clase obreira e a todos vostedes unha pregunta máis e temos que respondela: A quen serven as políticas que aplican os gobernos e a UE?

A nosa resposta é que os gobernos e a UE serven os intereses do capital contra o pobo e os traballadores.
Existen direccións sindicais como CES que din: “Podemos vivir mellor. Podemos coexistir cos empresarios sans e os traballadores. Coa Unión Europea coa clase obreira”. Estas direccións sindicais teñen como obxectivo a desorientación da clase obreira, levala ás lóxicas do compromiso.

Pero os acontecementos confirman soamente unha cousa, que a saída da crise non pode existir a favor das multinacionais e a favor dos traballadores. Non pode ser a favor dos intereses dos empresarios e dos dereitos do pobo. Todos eles enganan conscientemente ao pobo.

O único camiño é contraatacar os monopolios, a loita para poñer obstáculos á política antipopular coa alianza popular, para a liberación da UE.

A clase obreira, as capas populares, non deben ter ningunha tolerancia, non hai que darlles ningún apoio a aqueles que están falando sobre este desenvolvemento. Ninguén debe esperar nada bo do gran capital, da UE e dos gobernos. Non teñen nada que ver os pobos con eles.

Queridos compañeiros:

Vivimos nun etapa que está caracterizada por dous elementos fundamentais:

a) A manifestación da profunda crise económica do capitalismo nos países da UE (nalgunhas máis profundas que as outras como en Grecia, España, Portugal, Italia e noutras menos), e tamén nos EE.UU e Xapón. Unha crise cíclica do capitalismo que se manifestou desde o principio dos 90 polo Tratado de Maastricht logo dun período de reestruturación antipopular e contribuíu  á concentración de enormes ganancias para o capital e demolición de dereitos laborais. O resultado é a pechadura de empresas, despedimentos, pobreza, diminución de dereitos. Os desempregados en Europa chegaron aos 25 millóns.

Neste ámbito, o gran capital, a UE e os gobernos (socialdemócratas e neoliberais) convocaron unha guerra contra a clase obreira e as capas populares, para saír da súa crise.

b) A crecente agresividade do imperialismo, con guerras e intervencións. Sexan os EE.UU, a OTAN, a UE, se gobernan os liberais ou os socialdemócratas non dubidan verter o sangue dos pobos, para asegurar os seus intereses imperialistas.

Os acontecementos en Siria é parte do plan estratéxico “Gran Oriente Medio” elaborado pola OTAN sobre a democratización dos países do Oriente Medio e de África do Norte. Pero o importante é que este plan expresa a competencia e as contradicións interimperialistas pola explotación dos recursos naturais, planificación de novas fronteiras e esferas de influencia.

Os Balcáns, Libia, Irak, Afganistán, etc. enfrontaron a mesma situación. O Mar Exeo e os Balcáns están nun estado crítico. Todo isto, con todo, non ten nada que ver cos intereses dos pobos dos Balcáns, ao contrario leva a tensións e a guerras.

Ao mesmo tempo en Portugal, en España, en Italia, en Bulgaria, en Grecia e noutros países, centos de miles de traballadores manifestan de xeito dinámico.

Hoxe, como nunca antes na historia de Europa é necesaria que a creación en cada país dun polo clasista o que será coordinado pola Oficina Europea da FSM.

Nós como PAME, contribuímos con todas as nosas forzas a axudar nesta dirección.

Queridos compañeiros:

Hai uns días, o Secretariado Executivo de PAME, fixo unha reunión cos compañeiros que foron electos nas Federacións Internacionais Sectoriais da FSM. PAME participa á 10 Federacións Sectoriais Internacionais.
Tomamos en conta as debilidades da nosa acción e decidimos que preto de cada compañeiro que é elixido ás Unións Internacionais de Sindicatos haberá un grupo de compañeiros ao que apoiarán no seu traballo.

Tamén decidimos preparar posicións elaboradas sobre temas como son o papel das multinacionais en medicina, en alimentación, a crise, as comunicacións marítimas, etc.

Para rematar, discutimos especialmente sobre a Internacional Sectorial do Turismo (HOTOUR), da cal temos a responsabilidade e non hai ningunha acción. Por este motivo realizamos unha reunión co compañeiro Manuel Montero do Secretariado da FSM e examinamos todos os escenarios e as posibilidades.

O feito de que as relacións internacionais teñen un gran custo financeiro para os nosos sindicatos, nun período de crise complica a nosa acción. Pero como no pasado e agora, o movemento clasista atopará o xeito de coordinar a súa acción e expresar decisivamente a súa solidariedade.

PAME seguirá apoiando a acción da FSM e da campaña que imos efectuar nos próximos meses. Unha cantidade de diñeiro poñerase a disposición da nosa acción internacional.

Queridos compañeiros,

En conclusión de parte da dirección de PAME e dos sindicatos clasistas do noso país, queremos expresar a nosa solidariedade coa clase obreira de Perú e agradecer á Confederación Xeral a súa hospitalidade.

[Fonte: PAME]