DECLARACIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE ANTE O FALECEMENTO DO COMANDANTE CHAVEZ.

“O imperialismo entrou na súa fase extrema de loucura.
Agora bombardea para salvar pobos.”
Hugo Chávez Frías.
Presidente da República Bolivariana de Venezuela.

Os e as comunistas hoxe sentímonos máis próximos ao pobo venezolano, a morte do Presidente Chávez levántanos en solidariedade irmá co pobo bolivariano de Venezuela.

O imperialismo non aceptou a súa derrota en América Latina e dedicou numerosos e cuantiosos recursos para rematar co goberno bolivariano, dende o golpe de estado a intentos de asasinato contra o presidente, os complots imperialistas foron constantes nos últimos anos, pero a semente bolivariana está sementada, a liberación de Latinoamérica está en marcha.

O presidente Chávez foi o líder que conduciu ao pobo venezolano á súa liberación, a súa independencia e a súa soberanía.

Hoxe, cando o imperialismo afía as uñas, cando cre que a inxerencia é posíbel, os e as comunistas dicímoslle que estamos alerta, que defenderemos a liberdade dos pobos, que defenderemos ao irmán pobo de Venezuela e o seu proceso bolivariano.

Comandante Chávez, ata a Victoria Sempre.