Concentración en demanda da readmisión dunha traballadora despedida da empresa Ferroser

Un bo número de traballadores e traballadoras da Sanidade de Ferrol déronse cita hoxe convocados polo Comité de empresa de Ferroser, composto pola CIG, COG, UGT e USTG, para exixirlle á empresa a readmisión dunha traballadora desta empresa do servizo de limpeza do Hospital Arquitecto Marcide. A empresa acóllese á nova reforma laboral. Ao licitar máis baixo que a contrata do ano anterior, ábrelle ás portas aos despedimentos. Unha vez máis, vése o carácter antiobreiro desta nova reforma do capital, que so beneficia a este e arruína á clase obreira.

Durante a máis de media hora que durou a concentración, os e as traballadoras concentradas entonaron berros coma "A solución é a readmisión", "Menos en mariscadas, a clase obreira ás barricadas" ou  "Xerente dimisión". Deu o peche o coportavoz comarcal da CIG, Xesús Pintos, chamando á mobilización ata conquerir a readmisión da compañeira e a concentrarse novamente o vindeiro mércores 27 ás 12:30 na entrada do Hospital Marcide de Ferrol.

Imaxes de Forxa!