O PCF abandona definitivamente a fouce e o
martelo como símbolos do partido. É só un símbolo, e á vez unha parte
importante da identidade comunista. O Partido Comunista Francés celebrou do 7
ao 9 de febreiro o seu 36º Congreso que finalizou coa reelección de Pierre
Laurent á fronte do Partido e a desaparición da fouce e o martelo do último
reduto onde se podía ver xunto ás siglas do PCF: o carnet de militante.
Nos documentos aprobados no 36º Congreso a referencia á fouce e o martelo foi substituída por unha mención á "esquerda europea". A decisión foi tomada sen debate algún, sen pedir a opinión do Consello Nacional e atopouse coa oposición frontal da maioría da militancia do partido.
Laurent xustifica a decisión: "Queremos mirar ao futuro. É unha sigla que non resume o que somos hoxe día". Pero ademais asegura o seguinte:
"Trátase dun comunismo de nova xeración, de normalizar ao partido que se integra na euro-socialdemocracia (sic), controlada polo Partido da Esquerda Europea".

Lamentábel. De ser este o motivo principal, o de Partido "Comunista"
vaille quedar moi, pero que moi, grande ao novo P"C"F.
[Fonte: Rumbo a Leningrado]