Manifesto pola absolución dos sindicalistas da PAME.

Declaramos o noso inquebrantábel respaldo á loita da Fronte Militante de Todos os Traballadores. 

Mediante o presente escrito esiximos a inmediata absolución sen cargos de todos os compañeiros sindicalistas gregos da Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME) que van ser xulgados o martes, 12 de Febreiro, a consecuencia da mobilización convocada por esta organización sindical o pasado mércores, 30 de Xaneiro, no Ministerio de Traballo de Grecia, como resposta aos insultos vertidos polo Ministro do ramo Yannis Vrutsis ao conxunto dos traballadores e as traballadoras deste país, ao manifestar a súa intención de atacar o sistema de Seguridade Social grego.

Manifestamos o noso aberto rexeitamento aos plans do goberno grego, fiel representante dos intereses da gran patronal, que continúa a súa ofensiva contra os dereitos do conxunto do pobo traballador grego, mentres que para as organizacións combativas que fan fronte con decisión e valentía aos seus plans criminais, só é capaz de ofrecerlles a brutal represión policial e as detencións masivas de dirixentes obreiros, como foi o caso.

Declaramos o noso inquebrantábel respaldo á loita da Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME), ao fortalecemento de todas as súas mobilizacións tendentes a derrotar os plans da oligarquía e o seu goberno servil, e a combater a violencia e a represión gobernamental.

Por último, expresamos o noso apoio ao chamamento da PAME á nova Folga Xeral convocada en Grecia para o próximo mércores, 20 de febreiro, desexando que sexa un absoluto éxito, e que constitúa un episodio máis na enérxica loita que o pobo traballador grego está a librar para sacudirse as medidas impostas polo goberno grego, lacaio da oligarquía, e da Unión Europea imperialista. 

ABSOLUCIÓN SEN CARGOS DOS SINDICALISTAS DA PAME!

VIVA A LOITA DA PAME E DA CLASE OBREIRA GREGA!

[Fonte: PCPE]
[Foto: KKE]