Manifestación contra a escalada represiva en Compostela

Baixo a lenda Malia a represión, malia a precariedade, a nosa forza é imparábel transcorreu este martes á tarde unha manifestación polas rúas de Compostela convocada polas centrais sindicais CNT e CUT, e co apoio da Asemblea Aberta de Compostela e das Asembleas Abertas de Estudantes. 

A manifestación estaba convocada como "resposta popular, ampla e unitaria ante os últimos ataques por parte da Policia e a Administración de Xustiza contra os dereitos de expresión, reunión, manifestación, liberdade sindical e folga".

Ao remate da manifestación tomaron a palabra representantes das organizacións convocantes chamando a solidariedade como forza de unión da clase obreira e animarona aos e as manifestantes a saír a rúa e loitar polo cambio de sistema cara un máis xusto e solidario de todos e todas.


Imaxes de Forxa!