Fronte Popular de Liberación de Palestina condena agresión israelí contra Siria.

Ao comentar sobre a agresión sionista contra Siria, o voceiro oficial da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), o camarada Abu Ahmad Fouad do Buró Político do FPLP, fixo unha declaración denunciando a brutal agresión a Siria como un crime atroz e un desafío flagrante dos principios do dereito internacional e as resolucións de lexitimidade internacional.

Fouad engadiu que esta agresión é un episodio dunha serie de ataques terroristas de estado practicado pola entidade sionista contra a nación árabe e o pobo palestino.

Ademais, fixo un chamamento á comunidade internacional, a Liga Árabe e todos os países árabes e as institucións da sociedade civil para condenar esta agresión, e ás institucións internacionais para poñer fin á súa dobre moral e o silencio sobre os crimes cometidos contra a nación árabe e o pobo palestino.

Para rematar, Fouad concluíu a súa declaración de que o inimigo ten subestimado as capacidades e compromisos da nación árabe, e agregou que se adica aos ataques diarios contra o pobo árabe palestino a través de Palestina, así como o pobo árabe do Líbano e de Siria, e que é importante que o inimigo se enfronte a unha resposta inmediata polos seus ataques. Os crimes do inimigo sionista non deben pasar impunemente. 
[Fonte: FPLP]