En apoio á mobilización do naval do 13F.

DEFENDAMOS A NAVAL
UNIDADE E LOITA OBREIRA CONTRA O CAPITAL 

A cuestión plantexada do dique e da carga de traballo habemos de entendela no marco da estratexia antiobreira, privatizadora, desindustrializadora e submisa ao ditado da Unión Europea de monopolios.

Esta estratexia ten carácter privatizador pois está dirixida contra o sector naval público galego e se orienta á destrución do público e á súa transformación en novo espazo de acumulación de capital para os monopolios privados do sector.

Profunda na destrución de forzas produtivas, que xunto co incremento da taxa de explotación, o abaratamento da forza de traballo, a destrución de dereitos laborais e sociais, e a guerra imperialista, son as vías do capitalismo para remontar a súa crise de acumulación a costa das condicións de vida da clase obreira e do pobo.

Golpea duramente aos e ás traballadoras tanto dos estaleiros ferroláns como das auxiliares, vítimas de altos graos de temporalidade e precariedade, e condena a morte a perto de 20.000 postos de traballo na bisbarra.

Desenmascara a falsa neutralidade e "suxección ao interese público" da SEPI, na práctica aliñada coa estratexia antiobreira, desindustrializadora e servil ao imperialismo europeo dos gobernos da oligarquía tanto central como autonómico.

Responde ao diktat da UE imperialista e no concreto aos intereses monopolísticos e rapaces das fraccións dominantes no capital europeo. Amosando a falsedade do discurso do reformismo político sobre a Europa Social e a ilusión da UE reformable e do capitalismo humanizable.

Pon en claro a quen serve a pasividade claudicante das direccións sindicais pactistas e expresa a necesidade de erguer Comités de Unidade Obreira clasista e combativa, superadora da deriva capituladora desas dirixencias sindicais e da división paralizante do Movemento Obreiro e Sindical, coa Folga Xeral e a mobilización sostida como principais ferramentas de acumulación de forzas e experiencias de loita.

Manifesta a necesidade de unir as loitas nunha ampla Frente Obreira e Popular, por un programa estratéxico de saída da U€, do €uro e da OTAN, pola propiedade social e control obreiro dos medios de produción e de cambio, preparando a transformación da crise estrutural do modo de produción capitalista (e da súa descomposta superestrutura política), nunha crise revolucionaria que coloque todas as riquezas baixo o control e a propiedade social de quen as produce: a clase obreira. 

POLO PODER OBREIRO E O SOCIALISMO:
SOCIALISMO OU BARBARIE

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!


Os comunistas do PCPE apoian e chaman a apoiar a manifestación obreira desde a Alameda de Compostela o vindeiro mércores 13F.

 [Fonte: PCPE]