Crónica do 15F contra o paro en Galiza.

Este 15 de febreiro de 2013 os sindicatos de CNT-Galiza mobilizaronse na rúa pola repartición do traballo e da riqueza nunha xornada de acción contra o paro enmarcada dentro da campaña "Que o paro non te pare!".
 
Os actos realizados foron os seguintes:

Compostela: 12 compañeir@s concentraronse na Oficina de Emprego de San Lázaro. Crónica, fotos e video.

Ferrol: Percorrido por 3 oficinas de Emprego da cidade e concentración solidaria en Telepizza durante as festas do barrio de Ultramar.

Arousa: Concentración na praza de Galicia de Vilagarcía, participan tamén a asamblea de parados da cidade e outros colectivos sociais.

Vigo: Concentración na principal Oficina de Emprego de Vigo. Únense, no seu reglamentario tempo de descanso, traballadores/as da oficina. Á tarde, moita asistencia e participación na charla  "Causas do paro e as súas alternativas".

Allariz: 25 asistentes na concentración na praza do concello, onde varios compas participan na lectura colectiva do material temático preparado para a ocasión.

Lugo: reparto de panfletos diante da Oficina de Emprego de Augas Férreas.

Desde a CNT de Galiza queremos agradecer a boa acollida que nos brindaron desempregad@s e traballadores/as das Oficinas de Emprego e, agradecer especialmente, a todos aqueles que participaron con nos nesta xornada de acción contra o paro.

Info campaña "Que o paro non te pare!!".
Noticias do 15F.