Aprazouse de novo o xuízo dos 35 dirixentes sindicais da PAME.

O xuízo dos 35 dirixentes sindicais de PAME aprazouse de novo. Os sindicalistas foron detidos, a consecuencias da mobilización no Ministerio de Traballo, onde protestaban contra as declaracións inaceptábeis do Ministro de Traballo, G. Vroutsis, que o sistema de seguridade social ¨foi construído sobre o clientelismo¨.

Paga a pena sinalar que a razón do novo adiamento é a ausencia das testemuñas de acusación. As testemuñas son compañeiros do ministro e responsábeis pola inxusta acusación.

O xuízo aprazouse para o 12 de Xuño.

O compañeiro Koubouris Demos presidente da Federación de Pensionistas, un dos 35 sindicalistas arrestados, no seu comentario destacou que: “Seguimos con máis determinación. O movemento sindical clasista, a clase obreira, as capas populares loitan para que non se aplica a política antiobreira, para o éxito das próximas loitas, para o éxito da Folga Xeral do 20 de Febreiro. Todos á loita, todos á batalla”.

A PAME quere agradecer a todas a organizacións sindicais e os sindicalistas que expresaron a súa solidariedade cos 35 sindicalistas.

[Fonte: PAME]