24F: Todos e todas co naval!

O Comité de empresa e os delegados e delegadas da industria auxiliar de NAVANTIA Fene-Ferrol convocan unha nova mobilización o vindeiro domingo, 24 de febreiro, que partirá ás 12 h. da Praza do Inferniño de Ferrol.

É moi importante que os traballadores e traballadoras de todos os sectores demostren, cunha participación masiva, a súa solidariedade e defensa do sector naval, pola importancia que ten na comarca.

Debe terse claro que non hai futuro para o naval dentro da Europa do Capital. Só a loita consciente, organizada, sostida e unitaria da clase obreira dará a vitoria!