Viaxe para celebrar o 1º de Maio en Cuba.


A axencia cubana de turismo AMISTUR do ICAP preparou unha viaxe a La Habana para celebrar a festa do 1º de maio, especialmente dirixido aos amigos do movemento de solidariedade do estado español.

A viaxe, dunha semana de duración, comeza o 27 de abril, sábado, desde o aeroporto de Madrid con regreso o día 3 de maio, venres (chegada a Madrid o día 4, sábado).

Ademais de participar na demostración polo Día Internacional dos Traballadores na Praza da Revolución o día 1º de maio, preparouse un amplo abano de actividades de tipo social e político:

- Percorrido pola praza da Revolución e  memorial José Martí.
- Percorrido pola Habana Vella
- Visita ao museo da Revolución.
- Visita a un policlínico.
- Visita a un organopónico (agricultura urbana).
- Conversatorio sobre a saúde en Cuba.
- Encontro cos CDR.    
- Encontro coa FMC. Conversatorio sobre o papel da muller na sociedade revolucionaria cubana.
- Visita á fortaleza Cabaña.
- Visita á Comandancia do Che na Cabaña.
- Cerimonia do Cañonazo.
- Almorzo na Casa da Amizade.
- Excursión ás praias do Este (con almorzo na Casa Club Las Terrazas).
- Cea na Cabaña (A Divina Pastora).
- Visita ao museo do Ron (con almorzo incluído).
- Visita ao Centro Ciudad Libertad (Museo da Alfabetización).

Como vedes é un programa moi completo, cun marcado carácter político e de solidariedade. O prezo da viaxe é de 1350 euros (voo, taxas e visado incluídos, aloxamento no hotel Victoria (4 estrelas) no Vedado, en habitación dobre con almorzo, -se alguén desexase habitación individual levaría un suplemento-, os almorzos e ceas que se indican no programa e as actividades mencionadas anteriormente.
Lamentabelmente hai un número limitado de prazas, polo que todos os interesados podedes contactar con Txema no correo txemah@telefonica.net ou no teléfono 655-533577 o antes posíbel.



Programa “Primeiro de Maio”
Do 27 de abril  ao 3 de maio  2013

Sábado 27 de abril
Chegada ao aeroporto internacional “José Martí”.
Recibimento por parte do representante de Amistur.
Traslado e aloxamento ao Hotel Vitoria.

Domingo 28 de abril
8.00 Almorzo no hotel
9.00 Saída do Hotel
9.30 Percorrido pola Habana Vella visitando o Museo da Revolución.
12.30 Xantar no museo do ron e visita
16.30 Continuar percorrido polas prazas principais: Praza de Armas, Praza de San Francisco de Asís, Praza Vella, Praza da Catedral.
Retorno ao hotel

Luns 29 de abril
8.00 Almorzo no hotel
9.00 Percorrido pola Habana Moderna visitando o Memorial José Martí e a Praza da Revolución.
11.00 Encontro con funcionarios do ICAP (Instituto Cubano de Amizade cos pobos).  
12.30 Xantar na Casa da Amizade.
14.30 Percorrido por Cidade  Liberdade incluíndo visita ao Museo da Alfabetización.
17.00 Regreso ao hotel.

Martes 30 de abril
8.00 Almorzo no hotel
9.00 Visita a un policlínico de ser posíbel na Habana do Leste.
10.30 Visita ao organopónico de Alamar.
12.00 Xantar libre
14.00 Encontro coa Federación de Mulleres Cubanas na súa sede. Conversatorio sobre o papel da Muller na sociedade revolucionaria cubana.
16.00 Regreso ao hotel.
20.00 Encontro cos CDR. 

Mércores 1 de maio    
6.00 Participación na Demostración polo Día internacional dos Traballadores na Praza da Revolución.
Excursión a Praias do Leste.
Xantar en casa club As Terrazas.
17.00 Retorno ao  hotel

Xoves 2 de maio
Almorzo no Hotel.
Visita ao Proxecto comunitario Muraleando.
Xantar non incluído.
Tarde libre.
18.00 Saída para a Fortaleza Morro Cabanas
19.30 Cea na Divina Pastora
21.00 Disfrute da Cerimonia do Cañonazo
Regreso ao hotel.
       
Venres 3 de maio
08.00 Almorzo no hotel.
Mañá libre por parte do grupo.
Xantar non incluído.
12.00 Saída do hotel cara ao aeroporto José Martí.

[Fonte: AMISTUR]