Solidariedade e apoio ao compañeiro Alfon.

Desde o PCPC queremos manifestar nosa total solidariedade e apoio ao compañeiro Alfon, detido na pasada folga xeral do 14-N en Madrid. Declaramos nosa máis profunda repulsa á actuación policial do Estado á hora de reprimir unha vez máis aos valentes combatentes que se atreven a saír á rúa a denunciar as prácticas ditatoriais dun capitalismo que xa non é capaz de controlar as súas formas fascistas. Denunciamos as continuas persecucións ás que a clase obreira é sometida, especialmente nos sectores máis concienciados, os métodos de represión empregados por parte do corpo e forzas do Estado utilizados como fieis protectores e defensores das políticas clasistas contrarias aos intereses da maioría traballadora, e dun sistema xudicial que evidencia cada día máis o seu carácter de clase e que está situado xunto ao poder capitalista.

Esiximos a inmediata liberación e a retirada de todos os cargos falsamente imputados ao compañeiro Alfon. Parece que a súa vinculación co famoso grupo antifascista e anticapitalista Bukaneros é pretexto suficiente como para ser encarcerado coma se fose o líder dunha banda terrorista internacional, xa que é o único preso con prisión preventiva en Europa da pasada folga xeral. Esta situación demostra unha vez máis que no Reino de España a persecución e detención por ideas políticas concretas é unha práctica máis que habitual e que non fai máis que aumentar xa que aínda hoxe hai decenas de compañeiros e camaradas sometidos a penas de prisión só para ser comunistas.

Facemos un chamamento ao conxunto da clase obreira á loita contra as actuais prácticas de represión do Estado e á unidade consecuente ante os continuos ataques da burguesía. Só deste xeito, a maioría oprimida de traballadores poderá facer fronte e derrocar o actual sistema de dominación que desde os seus inicios tennos declarada a guerra.

Alfon non te afundas, pois un mar de solidariedade está detrás de ti.


[Fonte: PCPC]