Sobre as eleccións en Cuba e as declaracións de Llamazares.

Poucos días antes do 54 Aniversario do triunfo da Revolución Cubana, novamente un dirixente de IU se suma ao coro de quen desde unha suposta autoridade política se lanza a aconsellar a Cuba como debería ser o seu sistema político. 

O deputado de IU e líder da corrente Esquerda Aberta, asegurou este luns que lle gustaría que se celebrasen unhas eleccións que fosen libres e democráticas pluralistas en Cuba e en todo o mundo.

En declaracións a Onda Cero, recollidas por Europa Press, Llamazares ten apostilado que lle gustaría que "houbese eleccións libres e democráticas pluralistas en todo o mundo, tamén en Cuba", á vez que tamén expresou que lle gustaría que houbese dereitos sociais noutras partes do mundo que "non existen".

Así mesmo, o deputado de IU engadiu que son "partidarios" da democracia e que a defenderon "máis que ninguén" neste país. No entanto, asegura que non dan leccións a "ninguén", móstranse "partidarios" dos dereitos e liberdades democráticas en todo o mundo e dos dereitos sociais.
Madrid, 17 Dec. (EUROPA PRESS) 

A poucos días do 54 Aniversario do triunfo da Revolución Cubana, novamente un dirixente de IU se suma ao coro de quen desde unha suposta autoridade política se lanza a aconsellar a Cuba como debería ser o seu sistema político. Esta vez foi o deputado Llamazares quen, o pasado 17 de Decembro, declarou en Onda Cero que lle gustaría que "houbese eleccións libres e democráticas pluralistas en todo o mundo, tamén en Cuba". Declaracións intrascendentes dun personaxe necesitado permanentemente de especificar a súa distancia respecto ao Socialismo cubano, como consecuencia da persistente, pero moi equivocada, identificación entre os xornalistas de IU cun partido internacionalista e socialista que comparte proxecto co pobo cubano e a súa Revolución. Un erro totalmente inxustificado ao fío dunhas declaracións que cualifican a formalidade electoral pluripartidista que se dá na maioría dos países capitalistas como o único modelo posíbel de DEMOCRACIA e que, de forma indiscutíbel, forman parte do acervo ideolóxico e programático de IU.

Unha análise moi errada que, alén de descoñecer a teoría marxista do estado e o carácter de clase deste, pasa no bico dos pés pola permanente agudización do autoritarismo no seo das chamadas democracias burguesas como resposta ao desenvolvemento da crise estrutural do capitalismo.

Xa abonda de receitas interclasistas pretendidamente universais que nos venden a ditadura do capital como o único modelo social e económico posíbel. Non nos podemos permitir que a derrota histórica da socialdemocracia e o reformismo nos negue o futuro e a posibilidade de acabar con esta sociedade que nos conduce directamente á barbarie. Para moitas persoas Cuba segue sendo un exemplo de construción dun poder obreiro e popular á marxe dos cánones que, entre outros moitos, pretende impoñernos o recentemente elixido membro do Consello Federal de IU nunha lista única compartida con todos os sectores de IU, incluído o PCE.

54 anos despois do triunfo da revolución, Cuba, o Partido Comunista de Cuba, a súa dirixencia histórica encabezada por Fidel e Raúl e o pobo cubano, non necesitan do beneplácito de ninguén para seguir desenvolvendo da forma máis democrática posíbel o poder dun pobo encumbrado desde hai anos na cima da súa Liberdade e Soberanía grazas ao Socialismo. 

Comisión Antiimperialista do CC do PCPE
[Fonte: PCPE]


Para completar a información, para quen teña dúbidas sobre como é o sistema electoral en Cuba, adxuntamos o seguinte vídeo realizado no 2007:


Os medios burgueses afirman que as eleccións en Cuba non son lexítimas, mais... o pobo cubano opinirá o mesmo? No seguinte vídeo non ten sido eliminada ningunha das entrevistas gravadas:


Reconto de votos válidos, nulos e en branco. Cubainformación gravou en Holguin o proceso das eleccións municipais do 25 de abril de 2010:


No seguinte vídeo, realizado antes das eleccións municipais de outubro do 2012,  amplíase información ao respeito, alén de plantexar por que a disidencia non se presenta aos procesos electorais en Cuba: