Celebrada a homenaxe en Vigo a Martí no seu 160 aniversario.


Ao carón da estatua de Martí nos xardíns de Montero Ríos en Vigo, celebrouse unha pequena homenaxe ao heroe da independencia de Cuba, amenizada polo grupo “Os Cuncheiros”.

Presentou o acto Valentín Alvite, Presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, e tras el dirixiu aos presentes unhas palabras o Cónsul Xeral de Cuba, Alejandro Fuentes Hernández, lembrando a figura de Martí, a súa obra e o seu especial significado para Galiza como pobo solidario na loita de Cuba. Remarcou aquela sentenza tan coñecida do seu pensamento martiano “Patria é Humanidade”.

No acto fíxose entrega dunha edición dos poemas máis salientábeis do Cónsul Xeral, agasallo promovido pola Asociación “Francisco Villamil” para agradecerlle a súa disposición e traballo durante os seis anos de estancia en Galiza.










 


[Fotos: FORXA!]