Asalto contra sindicalistas e traballadores da PAME que se manifestaban no Ministerio.

Onte (30/1) a policía antidisturbios realizou un salvaxe asalto contra os membros de sindicatos e federacións clasistas no Ministerio de Traballo, onde daban resposta inmediata ás inaceptábeis declaracións do Ministro de Traballo G. Vroutsis dicindo que o sistema de seguridade social "construíuse sobre a base de relacións clientelistas". Isto relaciónase coa decisión adoptada polo goberno de intensificar o autoritarismo e a represión contra as loitas obreiras, a fin de aplicar duras medidas para afundir ao pobo na miseria e frear a loita do pobo organizado. Estas sentenzas presaxian un novo ataque contra o sistema de seguridade social.


A descarnada violencia e salvaxismo do goberno, que envía á policía antidisturbios e detén a 35 sindicalistas da PAME ferindo a nove traballadores é o seguinte elo da cadea da operación da "lei e a orde", rabiosamente implementada nos últimos tempos polo goberno para reprimir a loita do pobo contra a liña política antipopular e para intimidar o movemento obreiro e popular. A MOBILIZACIÓN DOS TRABALLADORES DOS DISTINTOS SECTORES FOI INMEDIATA. Eles concentráronse ante ao Ministerio de Traballo. Con todo, a policía antidisturbios puido arrastrar aos 35 sindicalistas arrestados aos furgóns policiais con porras e gases lacrimóxenos, facendo retroceder aos manifestantes que se reuniron nunha manifestación de masiva solidariedade fronte ao Ministerio de Traballo.

O propio dereito á folga, a manifestarse dunha maneira organizada e loitar contra a ofensiva antiobreira que é a estratexia do capital, está no punto de mira do goberno e da clase burguesa a quen realmente serve.

Co fin de pasar as probas dos "investidores", é dicir, os monopolios nacionais e estranxeiros, o goberno, da man co Poder Xudicial o cal ten claro carácter de clase , está a tratar de impor un silencio sepulcral en todo o país, ofrecendo garantías de seguridade para o capital contra o movemento obreiro e popular.

A provocación do goberno fracasou.

O goberno, algunhas horas despois, difundiu fotografías manipuladas nos medios de comunicación burgueses presentando a oficina do Ministro de Traballo con cartafois e mobles esparexidos por todas partes, para convencer á xente de que a delegación da PAME e os sindicatos invadiran o Ministerio con prácticas daniñas e vandalismo. Os sindicalistas da PAME desenmascararon a provocación afirmando categoricamente que o noso movemento obreiro clasista non ten tales métodos e prácticas e que están a tratar de crear unha provocación contra a loita da clase obreira.

A declaración do portavoz do goberno foi provocadora e escandalosa, o que non é en absoluto casual, calificando a protesta dos sindicatos de orientación de clase como "unha forma de violencia" e "extremismo", asociando de forma solapada e provocadora as formas de loita do movemento popular cos ataques "terroristas" das últimas semanas. Así queda claramente confirmado que os obxectivos reais destes actos foron a intimidación do pobo e a represión do movemento obreiro e popular. Isto pon ao descuberto que é a loita de clases a que realmente perturba o ambiente de consenso e o silencio sepulcral que o goberno quere impor.

A súa intimidación non terá éxito. Os manifestantes, cunha concentración moi grande, combativa e organizada, que se reuniron fronte ao Ministerio de Traballo marcharon á Dirección Xeral da Policía de Atenas, onde os sindicalistas estaban detidos, gritando consignas como "Liberen aos traballadores das dependencias policiais, non son terroristas, eles queren postos de traballo" e "a lei e a orde dos empresarios será crebada pola xusta causa dos traballadores". A medida que transcorría a mobilización a solidariedade reforzouse e o número de persoas foi en aumento.

Desbórdanse a ira e a solidariedade.

Decenas de declaracións son emitidas por parte de sindicatos, centros de traballo, federacións e organizacións sobre o provocador asalto represivo do goberno por mor dos acontecementos.

A Secretaria Xeral do CC do KKE asistiu á concentración fronte á Dirección da Policía de Atenas, recentemente chegada das mobilizacións dos agricultores, e declarou o seguinte: "Esiximos unha soa cousa ao Ministro de Traballo. Que traia o vídeo cos danos supostamente causados polos representantes do movemento sindical que se manifestaban xustificadamente, sobre as declaracións provocadoras que realmente axitan as cousas, e déanllas ás canles de televisión. Que nos mostre o vídeo. Cal é o dano? 40 persoas foron, de cara, sindicalistas, representantes de organizacións, para facer que? Para destruír as oficinas? Para destruír as computadoras? Para pegarlle ao Ministro? Isto é ridículo. E, por suposto, cando un ministro fai declaracións provocadoras, os representantes das organizacións sindicais teñen o dereito de ir e manifestarse ao día seguinte. Isto é todo o que pasou e nada máis (...) Cando un goberno non está preparado para soportar a máis mínima retirada ante as persoas que sofren, entón non ten outra solución que non sexa a violencia. Pero o pobo ten moita máis forza e pode repeler a represión estatal. Porque no fondo, por moi numerosos que sexan os mecanismos do Estado ,o pobo é máis numeroso. E a xente non debería ter medo disto, senón dos sufrimentos que se atopan no camiño. E por esta razón deben adquirir coraxe, resistencia e loita contra as mentiras e as calumnias. Despois de dicir que todas as conquistas dos traballadores son produto da corrupción e os favores, agora de novo calumnian aos traballadores como vándalos ... "

Unha resposta combativa e unha nova continuación das manifestacións.

A última hora da tarde anunciouse que as detencións foron transformadas en arrestos e que a Fiscalía acusou aos 35 sindicalistas de alteración da orde e danos graves. A concentración ante a Dirección da Policía de Atenas continuou até altas horas da noite e unha nova mobilización foi organizada para o día seguinte polo levantamento dos cargos e posta en liberdade dos activistas detidos do movemento clasista.

Ao mesmo tempo, o xoves 31/1, os mariñeiros, traballadores da saúde, traballadores dos ferrocarrís e autobuses urbanos, están en folga, mentres continúan as mobilizacións dos agricultores e se intensifican os preparativos para a folga xeral programada para mediados de febreiro.

O xuízo dos sindicalistas.

Ao final, os 35 sindicalistas foron postos en liberdade. Anteriormente tiñan sido procesados para ser xulgados de forma instantánea coa acusación da “permanencia ilegal en lugar público” mais o xuízo foi aprazado para o día 12 de febreiro porque non apareceron as testemuñas do Ministerio.

Cabe sinalar que sos sindicalistas non foron procesados coa acusación de “danos agravados”, algo que sostiña provocativamente o ministro, acusando aos sindicalistas da PAME de “causar danos ás oficinas”. Cada hora que pasa se revela que esta acusación non podía estar motivada.

Nestas condicións é necesario fortalecer a solidariedade internacional de clase coas loitas en Grecia e coa PAME.


[Fonte: KKE]
-Traducido por FORXA!-