PAME fai un chamado a todos os traballadores e traballadoras a participar masivamente na manifestación do 19 de Decembro.

Traballadores, traballadoras
Mozos
Desempregados e pensionistas

PAME fai un chamado a todos os traballadores, aos desempregados, aos pensionistas, aos mozos a participar masivamente na manifestación do 19 de Decembro na praza de Omonia  á 1 p.m. e enviará unha mensaxe decisiva ao goberno, á troika e aos empresarios, afirmando que :

* Non queremos, e non aceptamos máis, que unha metade non teña traballo e a outra metade traballe de sol a sol os 365 días do ano, con salarios de fame, incluídos os Domingos, sen vida persoal e familiar.

* Non queremos e non aceptamos estar no paro, recibir salarios de fame e ao mesmo tempo ter que pagar os medicamentos, os médicos, moito máis pola educación, a luz, a auga, o teléfono e os nosos desprazamentos. Todo isto son necesidades fundamentais e forman parte dos nosos dereitos.

* Non queremos e non podemos permitir que nos expriman continuamente a través de tributos, gravames con impostos e taxas inxustas. Todos estes ingresos son devoltos aos monopolios e aos capitalistas, con donacións, financiamentos, exencións de impostos e doutros xeitos, enriquecéndose a costa da nosa suor.

* Non queremos e non podemos cambialos, xa que non cambiarán xamais. Mais deixaremos de ser observadores pasivos do noso masacre. Cada día organizaremos mellor a nosa loita contra eles. Sabemos que non teñen piedade connosco e tampouco deixarán de sangrarnos se non os paramos. Porén, iso faremos.

Todos e todas a participar na folga e a manifestación da PAME para que sexa esta a nosa mensaxe aos que golpean os nosos dereitos e destrúen a nosa vida.

[Fonte: PAME]