O KKE négase a que o PCE organice o próximo encontro de Partidos Comunistas e Obreiros. Entrevista a Giorgos Marinos.


Ao final Aleka Papariga non puido asistir ao acto, pero o KKE enviou unha representación de alto nivel que non defraudou  a ninguén. Giorgos Marinos, membro do Buró Político do CC do KKE, deu un discurso vibrante que levantou ao auditorio en varias ocasións, pero ademais deixou claro que o KKE non vai permitir que os Partidos oportunistas e eurocomunistas intenten lavar a cara dentro do movemento comunista internacional, cargando durisimamente contra o oportunismo do PCE.

Deste xeito, no medio da súa intervención, Giorgos Marinos fixo unha rotunda declaración: 

"No encontro de Partidos Comunistas e Obreiros celebrado en Beirut hai unhas semanas algún partido propuxo que o PCE organizase o próximo encontro en España. Queremos que saiban que o KKE expresou a súa oposición a esa proposta e que loitará para que o PCE non organice este encontro". 

Os motivos son máis que evidentes, o KKE identifica ao PCE como un partido instalado dentro da 1ª fila do oportunismo político e cunha liña claramente eurocomunista, que pacta coa socialdemocracia do PSOE en España e fai campaña por Syriza en Grecia.

Non é a primeira vez que o KKE mostra publicamente as súas diferenzas co PCE/IU, xa que xusto hai un ano o KKE mandou unha carta explicando claramente o quepensaba sobre o programa electoral de IU. Pero o anuncio de que o KKE loitará activamente por impedir que o próximo encontro se celebre baixo a dirección do PCE, supón o máis duro golpe do Partido Comunista máis forte de Europa á liña política reformista levada a cabo pola dirección do PCE, e que tantas veces foi denunciada polos comunistas coherentes que aínda militan nel.

Coa mesma rotundidade e ante un auditorio abarrotado como o de onte, o KKE recoñeceu o traballo do PCPE na construción dun Partido Comunista marxista-leninista, nun discurso que se pode cualificar como unha clara declaración de irmandade entre os dous Partidos.

Tivemos a oportunidade e o pracer de poder entrevistar ao camarada Giorgos Mariños minutos antes do mitin. LMO e Pravda quixésemos agradecer especialmente o labor de tradución da camarada Danae.

TORA KKE!!


LMO/Pravda: Que valoración fai o KKE deste Mitin comunista internacional? 

Giorgos Marinos: Ante todo agradecer en nome do KKE a invitación a este Mitin Internacional que é moi importante, e que contribuirá a aclarar aos pobos o carácter imperialista da UE, algo que se comproba cada día.

Neste momento na UE hai 30 millóns de parados, e 30 millóns máis que traballan de forma extremadamente precaria. 127 millóns de traballadores europeos viven baixo o limiar da pobreza e con todo lonxe de aplicar políticas sociais e populares a UE xunto coa OTAN están preparándose para unha nova guerra imperialista en Siria e en Irán.

Os comunistas teñen a tarefa importante de revelar o papel da UE e chamar aos pobos a condenar o seu carácter e as súas políticas imperialistas. O KKE ten unha experiencia política moi importante que se basea na acumulación de forzas de obreiros e obreiras, o desenvolvemento da loita de clases, a intensificación da loita polo poder obreiro e popular e a colectivización dos medios de produción. A liña política do KKE consiste na saída da UE, a cancelación unilateral da débeda, que non foi creada polo pobo, a socialización dos medios de produción e a creación do poder popular e obreiro. Esta é a liña principal do meu partido.

Quixera agradecer novamente ao PCPE a invitación a este mitin. 

Como valora o derrube do Pasok e o aumento electoral de Syriza? 

O Pasok gobernou durante moitos anos en Grecia e durante o seu mandato realizou unha política capitalista que agora, en tempos de crises, agudizaron os problemas populares que xa existían. Amplas forzas populares, indignadas con esas políticas, afastáronse do PASOK e isto viuse claramente na firma dos memorándums totalmente antipopulares.

Estas forzas populares que alcanzaron un certo nivel de conciencia política buscaron o camiño de algo diferente, e víronse atrapadas en consignas de Syriza, que só levan á xestión do capitalismo. Dito doutro xeito, buscaron unha solución fácil, un mal menor. Pero diariamente obsérvase que as súas esperanzas son inexistentes, xa que cada día está máis claro que Syriza apoia a intensificación da explotación e a calexa sen saída da política da UE. Syriza é unha forza que quere enganar ao pobo grego e aos pobos de Europa, xa que vai na dirección da aplicación das políticas da UE. Quere ser a nova socialdemocracia e por iso o KKE está en conflito total con estas formacións oportunistas e loitamos contra eles diariamente no movemento obreiro e no movemento popular. Nós dicímoslle ao pobo claramente que a decisión do KKE de non participar nesta política de xestión do capitalismo, será un paso importante e algo que se valorará pola súa importancia dun xeito moito máis claro no futuro.

O KKE comprometeuse a non traizoar nunca a confianza que lle mostrou o pobo. Non participará na xestión burguesa do capitalismo. Loitará sempre polo derrocamento deste sistema violento e explotador. E continuará loitando pola clase obreira e o poder obreiro e popular e polo socialismo. 

A que se debe o ascenso de Amencer Dourado? 

Sobre a loita contra o fascismo temos unha experiencia extensa porque o noso partido pasou moitos anos de clandestinidade. Loitamos intensamente contra os fascistas durante a ditadura dos coroneis (1968-1974). Temos unha experiencia común cos traballadores e o pobo de España e sabemos que o fascismo é un produto do capitalismo, un produto da política burguesa.

Amencer Dourado é unha banda fascista, racista e criminal que ataca aos inmigrantes e que se nutre, precisamente, da miseria, a pobreza e o paro xerado polo capitalismo. Amencer Dourado está apoiado polo Estado burgués. Os partidos burgueses contribuíron á aparición de Amencer Dourado, o cal está conectado coas forzas armadas e de seguridade. No movemento indignado grego manexáronse consignas que facilitaron o ascenso deste grupo fascista, e que consistían en facer afirmacións do tipo: “fóra os partidos, fóra os sindicatos”. As forzas que gritaban estas consignas teñen unha responsabilidade política inmensa na aparición de Amencer Dourado.

O noso Partido está en conflito permanente con esta banda criminal, loitamos diariamente para que sexa illada pola Clase Obreira e polo pobo. Debemos defender aos inmigrantes e a todas as persoas que se enfronten a esta organización. A clase obreira e as capas populares que están nas agrupacións combativas loitan con todas as súas forzas para destruír a Amencer Dourado.

A posición das forzas burguesas que falan dos dous extremos é moi perigosa, porque plasman e materializan un erro histórico. Non se pode identificar aos comunistas que están diariamente na loita contra o capitalismo, cos fascistas que son produto deste sistema. Non se pode identificar aos comunistas que precisamente foron a vangarda para destruír ao fascismo e o nazismo, nin á Unión Soviética que deu á loita antifascista a 30 millóns de mortos, cos fascistas que estaban sempre contra os pobos. 

Que papel desempeña o PAME no movemento obreiro grego? 

O PAME está na primeira fila da loita clasista e dentro dela o papel principal téñeno os comunistas. É unha agrupación na que participan sindicatos e comités de loita. A súa loita non se limita a rabuñar uns poucos dereitos para a clase obreira, senón que a través da loita de clases contribúe á acumulación de forzas polo derrocamento do capitalismo. Está nun camiño de fortalecemento continúo e iso é moi importante para a loita da Clase Obreira grega.
[Fonte: LMO e Pravda]
-Traducido ao galego por FORXA!-