O 19º Congreso do KKE celebraráse os días 11-14 de abril do 2013.


O Partido Comunista de Grecia (KKE) está avanzando cara ao seu 19º Congreso, o cal segundo a decisión do Comité Central do Partido levarase a cabo os días 11-14 de abril de 2013. O Congreso aprobará o novo Programa e os Estatutos do CC, examinará o informe do traballo do CC, determinará as tarefas do Partido ata o 20º Congreso e elixirá os novos órganos de dirección do KKE.

O domingo 9/12 o CC do KKE publicou as “Teses do Comité Central” nas que se inclúe o proxecto de Programa e de Estatutos, anunciando o inicio do debate precongresual, que terá lugar nas páxinas do diario Rizospastis e da revista teórica bimensual "Revista Comunista".

No prólogo das Teses do Comité Central menciónase que: “O sistema capitalista en Grecia como en todos os demais países, non se vai a colapsar por si só, por mor das súas contradicións. A gran agudización das contradicións sociais levará a condicións dunha situación revolucionaria, en condicións dunha gran agudización da loita de clases, mentres terá madurado e crecido a través das loitas diarias un movemento obreiro todopoderoso en alianza cos sectores populares que sofren. Nas condicións da situación revolucionaria o que se xulga, coa elección adecuada de consignas e de todas as formas de loita, é a vontade e a decisión do pobo de romper e eliminar as cadeas da explotación clasista, a opresión, o enredo nunha guerra imperialista. Requírese un movemento obreiro que non se atrape en solucións alternativas enganosas que se utilizan polo sistema burgués para organizar o choque do movemento, o golpe contra o radicalismo, a vontade e a actitude revolucionaria, para evitar ou anular, tan pronto sexa posíbel, o seu derrocamento.

O 19º Congreso elaborará as directrices específicas para as tarefas políticas do Partido e da Mocidade Comunista (KNE) que estarán en vigor ata o 20º Congreso, en base ao informe de traballo, dos desenvolvementos e da avaliación das tendencias.

A tarefa básica do Congreso é a elaboración contemporánea do Programa do Partido, tendo en conta os acontecementos e as esixencias actuais e dos seus Estatutos. Desde o 1996, cando no 15º Congreso elaborouse o Programa do Partido que está en vigor ata hoxe día, houbo moitos desenvolvementos en canto aos temas económicos, as tendencias e os cambios no sistema imperialista internacional, a UE, a posición de Grecia na ampla rexión do Mediterráneo Sureste. O mesmo pódese dicir con respecto aos acontecementos e os procesos da reforma do sistema político en Grecia, que a súa principal característica é a desestabilización relativa do sistema político burgués posterior á ditadura. houbo desenvolvementos importantes nas condicións de traballo e de vida dos traballadores e traballadoras por mor da crise económica e a estratexia do capital, o que resulta no crecemento xeneralizado do empobrecemento relativo e absoluto, o aumento rápido do desemprego, da cuestión da inmigración. Desenvolvéronse importantes loitas, folgas e outras mobilizacións cun impacto que se fixo sentir máis aló das fronteiras de Grecia.

Un elemento integral da reforma do sistema político burgués é a maior tendencia cara á reacción, a represión e a violencia estatal e patronal, a ofensiva anticomunista e antisocialista que é un problema que concerne á gran maioría do pobo. A ofensiva anticomunista busca alternativamente o seguinte: exercer presión ao KKE para que se cumpran as súas esperanzas con respecto á alteración do seu carácter, a súa transformación nun compoñente da esquerda gobernante ou o seu illamento, ou ata lograr a prohibición da súa actividade. Este tema debe ser abordado decisivamente polo pobo; débense evitar consecuencias extremadamente negativas para o movemento obreiro e popular. En consecuencia, xorden novas tarefas para o movemento obreiro, a Alianza Popular, é dicir, asuntos de importancia estratéxica.

O proxecto de Programa incorpora as conclusións que se sacaron da construción socialista na URSS e nos países da construción socialista, as conclusións da traxectoria do movemento comunista internacional aprobadas no 18º Congreso, así como as conclusións de importancia estratéxica da Conferencia Nacional sobre o “Ensaio da Historia do KKE, 2º volume (1949-1968)”.

En última instancia, é o froito dun longo proceso colectivo que se continuou tralo 15º Congreso en toda a traxectoria ata o día de hoxe, no medio de loitas e confrontacións duras clasistas. A experiencia do Partido e do movemento obreiro e popular é unha materia viva valiosa que foi utilizada tanto como foi posíbel na elaboración das Teses, o informe de traballo e o proxecto de Programa. O proxecto de Programa baseouse en elementos e avaliacións que xurdiron da longa investigación dos acontecementos en Grecia así como en escala internacional, desde o punto de vista dos intereses obreiros e populares, é dicir coa teoría marxista-leninista como compás, que constitúe a ideoloxía do KKE.

No marco do debate precongresual, o Comité Central publica as Teses para o 19º Congreso do KKE que se compoñen de tres partes en base á axenda das labores do Congreso.

A primeira parte inclúe un informe do traballo do Partido desde o 18º Congreso e a avaliación do Comité Central elixido no 18º Congreso. Ademais, inclúe, en liñas xerais, as tarefas políticas do Partido ata o próximo o 20º Congreso.

A segunda parte inclúe o proxecto de Programa do KKE. O Programa actual do Partido foi decidido no 15º Congreso (22-26 de maio de 1996). O Programa foi enriquecido, actualizado, en base aos acontecementos en Grecia e no mundo nos congresos posteriores, no 16º (14-17 de decembro de 2000), no 17º (9-12 de febreiro de 2005) e no 18º Congreso (18-22 de febreiro de 2009).

A terceira parte inclúe o proxecto de Estatutos en que se utilizou a experiencia máis antiga así como a recente.

O Comité Central chama aos membros do Partido e da Mocidade Comunista de Grecia (KNE) a estudar as Teses, a contribuír na súa mellora con reflexións, propostas, recomendacións para que os documentos finais sexan o froito dun proceso colectivo, para cristalizar a experiencia rica acumulada nos últimos anos.

O debate precongresual inclúe tamén a discusión das Teses co fin de reunir opinións e observacións dos amigos, os simpatizantes do Partido, de cada loitador que, independentemente dos seus puntos de vista particulares, entende que sen un KKE forte e con posicións cientificamente elaboradas, non é posíbel a recuperación do movemento obreiro e popular nin a súa resistencia ás curvas e ás viraxes que se producirán, nin tampouco é posíbel a defensa ante o ataque bárbaro do capital e a actividade máis agresiva do pobo para a subversión social e política.

[Fonte: KKE]