Declaración política do Mitin Internacional pola saída da UE, o Euro e a OTAN.


Os representantes do Partido Comunista dos Pobos de España, do Polo de Renacimiento Comunista de Francia, da Unión de Revolucionarios Comunistas de Francia, de Comunisti  Sinistra Popolare-Partito Comunista e do Partido Comunista de Grecia, reunidos en Madrid con motivo da celebración do mitin internacional pola saída da U.E., o Euro e a OTAN fan a seguinte DECLARACIÓN POLÍTICA:


O capitalismo vive unha crise de sobreacumulación de capital moi profunda que evidencia os límites históricos do sistema. Malia a inxección do sistema financeiro e en xeral dos grandes grupos monopolistas con enormes sumas de diñeiro, os gobernos burgueses enfróntanse a problemas moi graves con respecto á xestión da crise.

É un feito que, independentemente da fórmula da xestión económica, a política que se implementa é hostil cara á clase obreira e os sectores populares. Nas condicións de crises capitalista o capital vólvese máis agresivo intensificando a explotación dos ocupados, destruíndo numerosas forzas produtivas, lanzando á miseria a millóns de traballadores, restrinxindo e abolindo os seus dereitos sociais e conculcando a soberanía dos pobos mediante novas guerras imperialistas.

Para tratar de preservar este sistema socioeconómico en Europa, a U.E. –isto é, a alianza imperialista derivada das necesidades do capital monopolista dos diferentes países europeos–, vén impoñendo políticas que están sumindo na pobreza a millóns de traballadores dos países da U.E., profundando cada día máis nas contradicións interimperialistas e propiciando entre outras cousas o rexurdir e fortalecemento das organizacións fascistas. Actualmente, as políticas emanadas desde a UE e que implacabelmente veñen aplicando os gobernos dos seus Estados membros encobren os intereses do capital monopolista desa unión imperialista.

As organizacións e partidos comunistas asinantes da presente declaración estamos decididos a opoñernos á estratexia do capital, á UE e ás demais organizacións imperialistas e manifestamos, unha vez máis, que para acabar co empobrecemento crecente dos traballadores, poñer fin á explotación de que son obxecto por parte dos opresores capitalistas, e garantir os seus dereitos sociais e laborais é completamente necesario o derrocamento do capitalismo e a súa substitución polo socialismo. Así mesmo, consideramos que os pobos de Europa serán realmente soberanos só coa conquista do poder obreiro e popular, a construción do socialismo e ao mesmo tempo coa saída da U.E., o Euro e a OTAN. Por esas razóns loitamos pola saída dos nosos respectivos países de tales alianzas imperialistas e comprometémonos a elevar o noso nivel de cooperación interpartidaria con esa finalidade. 

Madrid, 15 de decembro de 2012.