Declaración da FSM con ocasión do Día Internacional do Migrante.


A FSM fai un chamado para a abolición de todas as leis anti-inmigrantes; para a abolición da “tercerización” que lembra a época medieval e a escravitude.

En ocasión do Día Internacional do Migrante, proclamado polas Nacións Unidas o 18 de decembro, a Federación Sindical Mundial publica o seguinte extracto do “Pacto de Atenas”, resolución do 16º Congreso Sindical Mundial, onde participaron 828 delegados de 101 países do mundo:

“A inmigración é un fenómeno que se refire ao movemento xeográfico de parte da poboación. Na maioría dos casos, especialmente aqueles aos que nos referimos, as razóns para o desprazamento son ou ben económicas e sociais que teñen que ver cos inmigrantes económicos, ou ben sociais e políticas que teñen que ver cos refuxiados políticos. En cada caso, aproximadamente 200 millóns de persoas son expatriados xa sexa permanente ou periodicamente buscando traballo, mentres que a crise creará novas ondas de inmigrantes. Os inmigrantes constitúen a parte máis cruelmente explotada da clase obreira, son manipulados con facilidade, son os máis vulnerábeis ao terror, á presión a non organizarse en sindicatos, ao medo a facer valer os seus dereitos.

Na actualidade, os inmigrantes que chegan a un país toman os traballos rexeitados pola poboación local. As condicións espantosas de traballo son rutina. O terror á ameaza de deportación é usada predominantemente polos empresarios. Os inmigrantes son vítimas de aventureiros e perigosos elementos que consideran a legalización dos seus documentos como un xogo, algo que cada estado, e non é froito da casualidade, demora, nega ou pide exorbitantes sumas de diñeiro para legalizar os documentos dos inmigrantes que traballan no país. O racismo e a xenofobia, os ataques e ameazas son parte da vida cotiá en todas as sociedades capitalistas que explotan o fenómeno da inmigración como chiba expiatoria das consecuencias das políticas impopulares e a necesidade do capital de obter beneficios.

De feito, a forza de traballo polo dereito internacional por exemplo en Europa (Bolkestein, etc.) é tratada como unha pelota en mans dos empresarios. Ondequera que tivese desenvolto, especialmente en décadas anteriores, e a forza de traballo cuantitativa ou cualitativamente non cubra as necesidades dos monopolios internacionais ou multinacionais, a afluencia de inmigrantes laborais comezou tanto legal como ilegalmente, a miúdo con acordos entre estados, con concesións ou sen elas.

Na maioría dos casos calquera convenio colectivo xeral de salario foi usurpado e aos inmigrantes páganselles salarios máis baixos que o salario mínimo, non teñen dereitos laborais, seguro ou atención médica. Os inmigrantes a miúdo son vítimas de ameazas e intimidacións e nin tan sequera teñen conciencia dos seus dereitos no país que os acolle, ou de como entrar en contacto co movemento sindical. O exemplo de Xapón é típico, cuxo desenvolvemento aparella coa baixa taxa de natalidade necesitando da afluencia de traballadores cualificados. Tamén en Australia debido á falta de man de obra cualificada na década anterior houbo unha ampla afluencia de traballadores inmigrantes ou traballadores que estaban temporalmente no país para cubrir algunhas das necesidades do desenvolvemento capitalista dos monopolios transnacionais.

Nalgúns países do Golfo Pérsico como os Emiratos Árabes, Arabia Saudita, Qatar, etc. os inmigrantes económicos son persoas sen dereitos. En EE.UU. as grandes loitas dos inmigrantes mostran o tamaño e a intensidade do problema.

Pola contra, en condicións de recesión intensifícase o ataque antipopular sobre os dereitos dos traballadores e o esforzo concomitante por reducir os custos da man de obra fai que os inmigrantes sexan refugados e perseguidos.

En Europa, o exemplo de Francia é o máis flagrante. Francia foi unha potencia colonial imperialista con conquistas predadoras en case a metade do continente africano durante décadas. Os ricos recursos de África sustentaron o crecemento de Francia, o país que denominabamos no pasado o “motor impulsor do capitalismo”. As ondas de inmigración das colonias africanas cara á “metrópolis” eran de esperar. Na última década a realidade política trazada polo goberno francés para esta poboación, de gueto, está empeorando día a día.

Hoxe Europa converteuse nunha fortaleza inexpugnábel de actitude policial cara aos inmigrantes.

En xeral, a absoluta dominación do imperialismo, os gobernos europeos, o Banco Mundial e o FMI causaron en África durante trinta anos ondas importantes de inmigración. Outro problema moi importante é o da inmigración interna que nalgúns países, especialmente nos grandes, é importante e similar ao da inmigración.

Por exemplo, na India os inmigrantes interestatais, como eles os denominan, reciben o mesmo tratamento, por parte dos empresarios, que o que reciben outros inmigrantes e son vítimas do racismo e a xenofobia.

Xunto cos agudos problemas dos inmigrantes tamén temos que ocuparnos do problema das persoas sen fogar. Nos Estados Unidos, Europa e Asia a crise económica é a causa de que moitos traballadores perdan as súas vivendas. Eles son as persoas sen fogar, durmindo nas rúas e baixo as pontes.

A Federación Sindical Mundial coa súa posición internacionalista de principios só pode responder que os traballadores son traballadores onde queira que vivan, no país en que naceron ou ao que chegaron.

Deben ter os mesmos dereitos laborais e sociais que todos os traballadores no país. Os convenios colectivos deben ser respectados para cada traballador. Con esta reivindicación os inmigrantes non serán usados como o ariete de destrución dos logros laborais do movemento obreiro, nin se converterán en vítimas dos empresarios.

A FSM loita con solidariedade internacionalista pola unidade dos traballadores sen distinción de cor, raza, sexo, nacionalidade, ou orixe. Dámoslle prioridade á loita contra a xenofobia, o racismo e a discriminación, a exclusión, e contra todas as teorías fascistas.

Loitamos por asegurar que os inmigrantes participen activamente no movemento sindical e obreiro, que sexan elixidos en cargos de dirección. Cada federación clasista debe ter un comité de inmigrantes que poida ofrecer asesoramento legal, sindical e ata político para os inmigrantes que o necesitan.

A FSM fixo referencia a todos estes temas en conferencias, discursos e actividades de todos os organismos internacionais (UNESCO, OIT e Nacións Unidas). As nosas intervencións nestas organizacións poden e deben ser máis intensas.

A FSM fai un chamado para a abolición de todas as leis anti-inmigrantes; para a abolición da “tercerización” que recorda a época medieval e a escravitude”.