Convite para os actos o 54 aniversario do triunfo da Revolución Cubana.



Temos o pracer de convidarvos a participar nos actos do 54 ANIVERSARIO DO TRIUNFO DA REVOLUCIÓN CUBANA, que terán lugar o sábado 22 de decembro, a partir das 19.30, no primeiro andar da Escola Ramón Cabanillas, situada ao lado da Igrexa do Castiñeiriño (Santiago), a escasos metros do lugar onde se viña celebrando tradicionalmente.


No transcurso do acto, dirixiranse aos asistentes o Presidente da Asociación Francisco Villamil, Valentín Alvite, e o Cónsul Xeral da República de Cuba, Alejandro Fuentes.

Haberá música, mojitos e petiscos.

Contamos coa vosa presenza.

Para que todos os asistentes se sintan partícipes da celebración, se lle apetece, poderán traer algo para pinchar.

ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO–CUBANA “FRANCISCO VILLAMIL” e o CONSULADO DE CUBA.