Concentración en apoio a López Pintos nos xulgados de Ferrol.

Ás 9:30 horas, coincidindo coa apertura de dilixencias previas por mor da denunciar presentada por delito de tortura.

A Executiva comarcal da CIG ten convocada unha concentración no Pazo de Xustiza de Ferrol o xoves, 20 de decembro, ás 9:30 horas, en apoio ao compañeiro Xesús Anxo López Pintos, citado polo Xulgado para as dilixencias previas que se abren por mor da presentación, no seu momento, dunha denuncia polo delito de torturas.

12-10-05 Concentracion apoio Pintos00A presentación da denuncia produciuse tras da súa detención o día de inicio da campaña das pasadas eleccións autonómicas no transcurso dun acto de protesta convocado polos Comités de Empresa de Navantia e Poligal e no que participou, xunto con centos de compañeiros e compañeiras, na defensa dos seus dereitos laborais e dos seus postos de traballo.

“A Executiva comarcal da Confederación Intersindical Galega ratificase na posición xa expresada a respecto da nosa intransixente (esta si) defensa do sistema de garantías e liberdades conquista histórica do movemento obreiro. Sen Estado garantista non hai democracia e isto exclúe calquera forma de dano físico ou psicolóxico que se lle poda infrinxir aos/ás detidos/as”.
[Fonte: Avantar]