Comunicado da familia e amigos/as de ALFON, único preso en prisión preventiva (réxime FIES) en Europa da Folga Xeral do 14N.

HOXE É ALFÓN, MAÑÁ PODEMOS SER CALQUERA.

Alfonso Fernández Ortega, ALFON 21 años. É o único preso en prisión preventiva en Europa da Folga Xeral do 14N, o trato que está a recibir non é como o de calquera preso, senón que está cun Réxime Especial, aplicáronlle o FIES 5. Estamos convencidos/as de que o teñen como chivo expiatorio para desmobilizar á xente loitadora, sobretodo á xente moza.

A familia e amigos/as pedimos AXUDA a todo o mundo que teña contactos políticos, sindicais, da cultura, periodistas, blogueiros/as, etc… para que dean a MÁXIMA DIFUSIÓN a este suceso e que os DIRIXENTES SINDICAIS E POLÍTICOS tanto convocantes da Folga Xeral do 14N como quen a apoiaron movan ficha, cremos que é o seu deber e obriga, xa que é un detido por apoiar esta Folga Xeral.

ABONDA DE MONTAXE POLICIAL
ALFON, LIBERDADE XA!