Celebrado o 54º aniversario do triunfo da Revolución Cubana.


A Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil, xunto co Consulado da República de Cuba en Santiago de Compostela, celebrou o pasado sábado 22 de decembro o 54º Aniversario do triunfo da Revolución Cubana, cunha importante afluencia de público.

O presidente, Valentín Alvite, presentou o acto, resaltando a próxima marcha do Cónsul Xeral Alejandro Fuentes, que tras seis anos de misión, cederá o relevo nos próximos días. O discurso do cónsul (tras un saúdo á revolución bolivariana e un desexo de pronta recuperación para Chávez) xirou en torno aos éxitos da Revolución que segue en pé tras 54 anos, tanto no eido da sanidade, como da educación, e fixo unha reseña dos cambios que está suscitando a posta en marcha dos liñamentos  da política económica e social do partido e a revolución.


Unha vez rematada a parte política do acto, deu comezo a parte lúdica. Como festa participativa que é, os asistentes adoitan aportar algunha vianda para compartir entre todos e todas. Entre petiscos e os tradicionais mojitos, non faltaron a música e bailes cubanos, amenizando un acto que se alongou aínda varias horas.

   [Fotos: FORXA!]