[15 decembro - Madrid] Mitin Internacional contra o euro, a OTAN e a Unión Europea.

O sábado 15 de decembro, ás 12:00 horas, terá lugar en Madrid (Avda. América 25, local UGT) o Mitin Internacional, CONTRA O EURO, A OTAN E A UNIÓN EUROPEA.


Intervirán:

MAURICE CUKIERMAN, Secretario Internacional do Polo de Renacemento Comunista de Francia (PRCF)

GEORGES GASTAUD, Secretario Internacional da Unión de Revolucionarios Comunistas de Francia (URCF)

MARCO RIZZO, Secretario Nacional de Comunistas Esquerda Popular - Partido Comunista (CSP-PC, Italia)

ALEKA PAPARIGA*, Secretario Xeral do Partido Comunista de Grecia (KKE)
CARMELO SUÁREZ, Secretario Xeral do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE)


As persoas interesadas en asistir a este Mitin Internacional poden poñerse en contacto através de forxagz@gmail.com para barallar a posibilidade dun desprazameto conxunto, máis económico, desde Galiza.


Actualización:

* A camarada Aleka Papariga, Secretaria Xeral do KKE, non poderá estar presente no evento por cuestións derivdas da súa axenda de traballo nas tarefas previas ao XIX Congrreso do Partido, que se unen á axitada situación social e política que vive Grecia, e que esixen a súa presencia en Atenas ese mesmo día 15.

No seu lugar representará ao KKE no Mítin Internacional o camarada Giorgios Marinos, membro do Buró Político e máximo responsábel de relacións internacionais.